O final da escapada (en ) é un filme francés de 1960 dirixido por Jean-Luc Godard e protagonizado por Jean-Paul Belmondo, Jean Seberg, Daniel Boulanger e Jean-Pierre Melville e con fotografía en branco e negro de Raoul Coutard.
Foi a primeira longametraxe de Godard e o descubrimento de Belmondo como actor. O final da escapada foi unha das primeiras e máis influentes obras da nouvelle vague. Xunto con Les Quatre Cents Coups, de François Truffaut e Hiroshima, mon amour, de Alain Resnais, estreadas o ano anterior, impulsou a valoración internacional do novo estilo. No seu momento atraeu moita atención polo seu estilo visual audaz, que incluía saltos na montaxe non convencionais.
Foi emitido na TVG o 26 de agosto de 1991.La Voz de Galicia, 26 de agosto de 1991. Páx. 71
Argumento Michel (Jean-Paul Belmondo) é un delincuente que, tras roubar un coche en Marsella, emprende viaxe cara a París para cobrar un diñeiro que se lle debe e volver ver a súa amiga estadounidense, Patricia (Jean Seberg). No camiño, perseguido pola policía de tráfico, mata un axente. Chega a París, mais non ten cartos, polo que recorre a varios amigos.
Pasa o tempo con Patricia, intentando convencela de que volva deitarse con el e que o acompañe a Roma. Os dous van dun lugar ao outro, mentres Michel trata de recuperar o seu diñeiro e ocultarse da policía.
Elenco Jean-Paul Belmondo como Michel Poiccard Jean Seberg como Patricia Franchini Daniel Boulanger como o inspector de policía Vital Henri-Jacques Huet como Antonio Berruti Roger Hanin como Carl Zumbach Van Doude como Van Doude Liliane David como Lilane Michel Fabre como o outro Inspector Jean-Pierre Melville como Parvulesco Claude Mansard como o vendedor de coches usados Jean-Luc Godard como un delator Richard Balducci como Tolmachoff Philippe de Broca como extra Jean Domarchi como extra Jean Douchet como extra Jean Herman como extra Andre S. Labarthe como extraThe Criterion Collection. Breathless DVD. Additional book. 2007. páx. 6. Jacques Rivette como o corpo do home golpeado no coche
Produción O final da escapada non tivo guión. A historia está baseada vagamente nun artigo que François Truffaut leu en The News in Brief. A personaxe de Michel Poiccard está inspirado no real Michel Portail e na súa moza estadounidense, a xornalista Beverly Lynette. En novembro de 1952 Portail roubou un coche para visitar a súa nai enferma en Le Havre e acabou matando un policía chamado Grimberg. |last1=Ventura |first1=Claude |last2=Villetard |first2=Xavier |date=2016 |medium=DVD |publisher=The Criterion Collection |oclc=960384313 |language=fr}} 1993 French television documentary (78 minutes). Truffaut traballou no tratamento da historia con Claude Chabrol, pero acabaron desbotando a idea cando non puideron acordar a estrutura da historia. Godard lera ese tratamento, gustáralle e quería realizar o filme. Escribiu unha vaga guía de filmación que abandonou axiña para confiar na improvisación.Nota de José de la Colina, tradutor de "Sin Aliento", 1974, Ediciones Era, S.A.
Premios Oso de Prata no Festival Internacional de Cinema de Berlín (1960) Premio Jean Vigo (1960) Premio da Crítica Alemá á mellor fotografía (1960)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Miradas Trailer Why Breathless Breathless en NewWaveFilm.com
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes sobre crime Categoría:Filmes baseados en obras de escritores de Inglaterra Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego