Rafael Matesanz Acedos, nado en Madrid en 1949, é un nefrólogo español.
Doutor en Medicina, foi xefe da Sección de Nefroloxía do Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid, promotor e creador da Organización Nacional de Transplantes (ONT) galardoada, xunto coa The Transplantation Society (TTS), co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional de 2010. Foi tamén o redactor principal da Directiva Europea de Transplantes, aprobada o 19 de maio de 2010.Entrevista: 'Trinidad Jiménez y Ana Pastor han sido los mejores ministros de Sanidad. Los demás son olvidables, y alguno, asesinable', El País, Luz Sánchez-Mellado, 04-07-2010.El Parlamento Europeo aprueba una directiva de trasplantes que copia el modelo español. El País, Emilio de Benito, 19-05-2010.
Traxectoria Licenciado en Medicina en 1972 na Universidade Complutense de Madrid, obtivo o grao de doutor en 1979 na Universidade Autónoma de Madrid, realizando na Fundación Jiménez Díaz a especialidade de Nefroloxía. Dessenvolveu a súa actividade clínica no Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid.Currículum Vitae, Rafael Matesanz .
Organicación Nacional de Transplantes de España Matesanz foi o creador e fundador, en setembro de 1989 da Organización Nacional de Transplantes de España (ONT). Foi o seu director desde 1989 até 2001, e volveu a selo desde setembro de 2004 até o 12 de maio de 2017, sendo substituído, despois de 28 anos e por xubilación, pola doutora Beatriz Domínguez-Gil, nefróloga de 46 anos,Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España. Sucesión del director de la Organización Nacional de Trasplantes . e a súa colaboradora na ONT desde novembro de 2006.Biografía de Beatriz Domínguez-Gil, na web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade .
A ONT é un organismo dependente do Ministerio de Sanidade do Goberno de España, e é o responsábel da organización, planificación e coordinación de transplantes de órganos, tecidos e células, así como dos transplantes de células nai sanguíneas: medula ósea e cordón umbilical.
O doutor Matesanz é o artífice e responsábel do chamado modelo español de transplantes, que levou a España desde os niveis medios e baixos en doazón durante os anos oitenta a situarse no primeiro lugar do mundo desde 1992 até a actualidade, é dicir, durante un cuarto de século, con taxas de doazón e transplante de máis do dobre que a Unión Europea.
Outros cargos e responsabilidades Rafael Matesanz desempeñou os seguientes cargos: Director xeral do Instituto Nacional da Saúde español (INSALUD), organismo responsábel da atención primaria e hospitalaria de 10 das 17 comunidades autónomas españolas desde 1996 a 2000. Presidente do Comité Nacional de Transplantes de España desde a súa creación en 1990 até o ano 2000, e novamente desde 2004 a 2017. Presidente do Comité de Expertos do Consello Europeo de Transplantes durante 7 anos, desde 1995 até o 2000, e novamente desde 2003 até 2005, ademais de vicepresidente desta comisión desde 2005 a 2006. No ano 2000 foi cesado pola ministra Celia Villalobos como delegado, recuperando o posto a raíz do nomeamento como ministra de Ana Pastor. A súa segunda candidatura foi presentada pola delegación italiana.Matesanz recobra la presidencia del Consejo Europeo de Trasplantes, El País, Emilio de Benito, 11-04-2003. Presidente da Comisión Nacional Española de Nefroloxía desde 2001 a 2006. Así mesmo foi secretario da Comisión Nacional Española de Nefroloxía durante o período 1990-2001. Director do máster en Organización de Coordinación e Transplanted da Universidade de Barcelona (1993-1994 e 2005-2006). Director de formación de posraos en cursos impartidos na Universidade de Barcelona, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (Santander), Universidade de Alacant e Universidade Complutense de Madrid. Desde abril de 2001 até xaneiro de 2004, foi o director científico da Organización Toscana de Transplantes (Italia), así como colaborador do Centro Nacional de Transplantes de Italia para a formación de coordinadores de transplantes. Desde abril de 2002 até xaneiro de 2004, foi director do Instituto Toscano de Tumores en Florencia, Italia. Desde xaneiro a setembro de 2004 foi director xeral do Centro Nacional de Transplantes e Medicina Rexenerativa de España. Presidente do Consello Iberoamericano de Doazón de Órganos e Transplantes, desde novembro de 2005 até a súa xubilación en 2017. Asesor da Organización Mundial da Saúde (OMS) para a estratexia mundial sobre os transplantes.
Publicacións Como autor Rafael Matesanz é autor de máis de 500 artigos en revistas ciantíficas internacionaisl e de máis de 100 capítulos de libros ou monografías sobre a nefroloxía, a doazón de órganos e o seu transplante.Artigos en Google Académico, moitos deles a texto completo, en inglés e castelán.
Como editor e responsábel científico de revistas Matesanz foi editor xefe da revista Nefrología (publicación oficial da Sociedade Española de Nefroloxía) desde 1986 a 2007, Nefrología extrahospitalaria, Revista Española de Trasplantes (publicación oficial da ONT), e Transplant Newsletter (publicación oficial do Consello de Europa), desde 1993 até a actualidade.
Premios Rafael Matesanz recibiu, entre outros, os seguientes premios e condecoracións: 1999 - Premio Rey Jaime I a la Investigación Médica 2007 - Gran Cruz da Orde de Sanidade do Goberno de España 2010 - Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, conxuntamente coa The Transplantation Society (TTS) 2010 - Académico de número da Academia Médico-Quirúrgica de España 2007 - Oficial da Orde do Mérito Duarte, Sánchez y Mella da República Dominicana 2012 - Doutor Honoris Causa pola Universidade ISALUD de Buenos Aires 2013 - Académico Honorario da Real Academia Nacional de Medicina de España 2014 - Medalla de Ouro do Ayuntamiento de Madrid 2015 - Doutor Honoris Causa pola Universidade de Lleida 2015 - Homenot da Sanitat Catalana 2016 - Gran Cruz da Orde do Dous de Maio da Comunidade de Madrid 2017 - Doutor Honoris Causa pola Universidade da República Oriental do Uruguai, Montevideo 2017 - Membro de Honor da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Rexión de Murcia 2017 - Español universal 2017 - Fundación Independiente, Madrid 2018 - Doutor Honoris Causa pola Universidade Católica de Murcia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transplante Organización Nacional de Transplantes Beatriz Domínguez-Gil
Ligazóns externas Currículum Vitae, Rafael Matesanz -en inglés- Artículos de prensa Relación de artículos en El País Crítica ó libro de Rafael Matesanz El milagro de los trasplantes, Julen Ocharan-Corcuera , en Gaceta de Bilbao, 2007
Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Médicos de España Categoría:Médicos de España Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil