Abdul-Ahad Raban (en ), nado o 9 de abril de 1916 en Iraq e finado o 25 de xullo de 1998 en Aqra (Iraq), foi un relixioso caldeo, bispo de Aqra dende 1980 até o seu pasamento.

Traxectoria Ingresou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 4 de xuño de 1950 foi ordenado sacerdote. Como sacerdote, participou nos traballos das sesións IIIª e IVª do Concilio Vaticano Segundo.

O 23 de abril de 1980 foi nomeado bispo de Aqra, recibindo a consagración episcopal no seguinte 15 de agosto de mans do patricarca Bulus Xaikhu. Finou no cargo en Aqra o 25 de xullo de 1998.

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Iraq Categoría:Finados en 1998 Categoría:Relixiosos católicos de Iraq Categoría:Antonianos de Santo Hormisdas Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XX