Consuelo Martínez López, nada en Ferrol en 1955, é unha matemática e catedrática de Álxebra galega. Traxectoria Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Zaragoza en 1977. Doutorouse pola mesma universidade en 1980 coa tese titulada Formaciones saturadas en una clase de grupos localmente finitos PI-resolubles, dirixida por Javier Otal. É catedrática na facultade de Ciencias da Universidade de Oviedo.
A súa investigación céntrase na álxebra abstracta co fin de aplicala á teoría da información, á criptografía e ós códigos correctores de erros, utilizando estruturas alxébricas resistentes para o deseño de sistemas de cifrado. Investiga as álxebras e superálxebras non asociativas e as súas interrelacións coa teoría de grupos. Foi quen de construír o anel completo de cocientes dun álxebra de Jordan para as superálxebras graduadas por sistema raíz, problema inicialmente proposto por Jacobson.
Colabora, dende os anos noventa, co matemático da Universidade de California San Diego e gañador da medalla Fields Efim Zelmanov. Xuntos estudan as conexións de grupos e álxebras cos retos e conxecturas do problema restrinxido de Burnside. Conseguiron, entre outros resultados, a clasificación de superálxebras de Jordan simples finito dimensionais en característica prima.
Ocupou, entre outros, os seguintes cargos:
Codirectora da Revista Matemática Iberoamericana (RMI) Membro da Comisión Científica da Real Sociedad Matemática Española de 2003 ata 2012 Membro da comisión de Física e Matemáticas da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI) Membro do Comité de Ciencias Experimentais da Axencia Vasca (UNIBASQ).
Premios e recoñecementos
Medalla da Real Sociedad Matemática Española en 2008
Obras É autora de numerosas publicacións en revistas científicas, entre outras:
Notas
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1955 Categoría:Matemáticos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes