Bogdan Bogdanović, nado o 18 de agosto de 1992 en Belgrado, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, durante a súa etapa no Partizan, Bogdanović foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Phoenix Suns. O 23 de xuño de 2016, na noite do Draft de 2016, os Sacramento Kings adquiriron os seus dereitos xunto con Georgios Papagiannis, Skal Labissière e unha futura elección da segunda rolda do Draft a cambio de Marquese Chriss.
O 13 de xullo de 2017, Bogdanović asinou cos Sacramento Kings. Fixo o seu debut na NBA o 23 de outubro de 2017 contra o equipo que o elixiu no Draft, os Phoenix Suns. Bogdanović fixo 12 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias en 25 minutos de xogo na derrota dos Kings por 117–115.
O 24 de novembro de 2020, Bogdanović asinou cos Atlanta Hawks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Serbia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024