Keith Windschuttle, nado en 1942 e finado en Sydney o 8 de abril de 2025, foi un escritor e historiador australiano, e membro da ABC.

Entre as súas principais publicacións están Unemployment (1979), que analiza as casas e as consecuencias sociais do desemprego en Australia e urxe a unha resposta socialista; The Media: a New Analysis of the Press, Television, Radio and Advertising in Australia (1984), sobre o contido político e económico das novas e do entretemento dos medios de comunicación; The Killing of History (1994), unha crítica ó posmodernismo na historia;Roger Kimball, "The Killing of History: why Relativism is Wrong," The New Criterion, Vol. 15, 1996, p. 22. The Fabrication of Aboriginal History: Volume One: Van Diemen's Land 1803–1847 (2002), que acusa a un bo número de historiadores australianos de falsificar e inventar o grao de violencia contra os aborixes no pasado;R. J. Stove, "Keith Windschuttle and Aboriginal History," National Observer, No. 56, Autumn 2003. The White Australia Policy (2004), unha historia desa política que argumenta que os historiadores e académicos esaxeraron o grao de racismo na historia de Australia;R. J. Stove, "Goodbye to All That: Reflections on White Australia," The Occidental Quarterly, Vol. 5, No. 1, 2005. e The Fabrication of Aboriginal History, Volume Three: The Stolen Generations 1881–2008, no que explica que as "xeracións roubadas" dos nenos aborixes son un mito.

Notas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Alumnos da Universidade de Sydney