Malcolm Thomas Brough, nado o 29 de decembro de 1961, é un político australiano que foi membro do Partido Liberal Nacional de Queensland pola the división de Fisher na Cámara de Representantes de Australia. Brough foi membro pola división de Longman dende as eleccións de 1996 até a súa derrota nas eleccións de 2007. Foi reelixido nas eleccións federais de 2013 como membro da división de Fisher. Tivo varios postos de poder nos gobernos de John Howard e sentou no gabinete como Ministro de Familia, Servizos da Comunidade e Asunto Indíxenas dende 2006 até 2007. No seu mandato, dirixiu a Resposta de Emerxencia Nacional no Territorio do Norte. Dende Brisbane, Brough foi membro do Partido Liberal, e serviu como presidente da división de Queensland en 2008, até que renunciou cando a división de Queensland se uniu ó Partido Nacional. Posteriormente uniuse ó novo Partido Liberal Nacional.
Véxase tamén Ligazóns externas Summary of parliamentary voting for Mal Brough MP on TheyVoteForYou.org.au
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Australianos de ascendencia aborixe