María de los Dolores del Adalid y González Garrido, máis coñecida como María del Adalid GonzálezSepultura de María del Adalid González no cemiterio de S. Amaro da Coruña. (e mesmo María del Adalid Garrido), nada en Madrid o 31 de maio de 1874 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1930, foi unha pintora galega, membro de honra da Real Academia Galega.
Traxectoria
Foi filla única dos coruñeses Francisca González Garrido (Fanny Garrido), escritora, e Marcial del Adalid, músico destacado, que finou en 1881, cando María contaba con oito anos de idade. Formouse na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tivo boa relación co tamén pintor Francisco Lloréns. Obtivo mencións de honra nas exposicións nacionais de Belas Artes de 1904, 1906 e 1909. Participou na Exposición de Arte Rexional da Coruña de 1912, na Exposición de Arte Galega da Coruña de 1917Exposición de Arte Gallego, La Coruña, Agosto-Septiembre 1917 . e na Exposición de Arte Gallega de Buenos Aires de 1919.
A súa nai morreu en 1917 e María casou o 19 de xullo de 1919 con José Ruiz de Huidobro (†1924),. doutor en Medicina e Farmacia, no Pazo da Mercé de Baiona.Roteiro cultural e literario 2017 Concello de Oleiros. En marzo de 1926 doou un terreo da súa propiedade en Montrove, para a creación dunha escola, que leva o seu nome e que contribuíu a edificar.
Por consello de Félix Estrada Catoyra, o 12 de decembro de 1928 depositou na Real Academia Galega a importante biblioteca e arquivo do seu paiArquivo Marcial del Adalid Galiciana. Arquivo de Galicia. –"un fondo musical único e valiosísimo, máis importante có da Biblioteca Nacional", en palabras de Xosé Ramón Barreiro–, así como a biblioteca do seu avó (médico militar), polo que foi nomeada académica de honra o 12 de maio de 1929, sendo a primeira persoa nesa categoría. Así mesmo, foi unha das primeiras socias —co número 47— da Asociación Española de Pintores y Escultores (AEPE), fundada en 1910.Asociación Española de Pintores y Escultores .
O pazo familiar legóullelo aos salesianos para que fixesen unha granxa-escola, hoxe propiedade do Concello de Oleiros e sede do Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.Presentación do IUMA UDC. Finou viúva e sen descendencia no seu domicilio do número 26 da rúa Tabernas, da Coruña.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Filántropos de Galicia