miniatura|Sisoés diante da tumba de Alexandre, mosteiro de Varlaam, século XVI miniatura|Porta norte dun iconostasio en Novgorod, detalle, século XVI Sisoés o Grande, Sisoés de Scetes, ou Abade Sisoés, nado no século IV e finado en 429, foi un anacoreta exipcio que se retirou ao deserto, á mesma cova na que estivera Antón Abade. As igrexas ortodoxa e católica venérano como santo.
Traxectoria Na súa mocidade decidiu retirarse do mundo e estableceuse no deserto de Scetes baixo a dirección do abade Hor. Mais o desexo de afastarse aínda máis levouno a cruzar o Nilo para se recoller na montaña na que Antón Abade morrera algún tempo. Pasou sesenta anos no monte Qolzoum, preto de Clysma, e co tempo peregrinos vidos de lonxe afluían para recibir consello. Tamén foi un duro opositor do arianismo.
Canonizado, as igrexas ortodoxa e católica conmemórano o 6 de xullo (anteriormente o 4 e o 5).
Iconografía Aparece representado moitas veces como un home vello, calvo cunha gran barba, mirando un cadáver nunha tumba, disque o de Alexandre o Grande : así aparece na igrexa de San Giorgio dei Greci de Venecia. ou no mosteiro da Gran Lavra do monte Athosm.).
Notas
Categoría:Finados en 429 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en Exipto Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Anacoretas