Kevin Gilbert, nado o 10 de xullo de 1933 e finado o 1 de abril de 1993, foi un activista, autor, artista e escritor aborixe australiano.

Traxectoria Kevin Gilbert, un guerreiro wiradjuri naceu a carón de Kalara, na beira do río Lachlan. Foi o primeiro dramaturgo, gravador e autor aborixe do primeiro traballo político sobre cuestións aborixes. Foi un activista dos dereitos humanos e estivo involucrado no estabelecemento de Aboriginal Tent Embassy en 1972 e o seu restabelecemento e sede permanente en 1992. En 1979 Kevin liderou o a protesta do Goberno Nacional Aborixe en Capital Hill, Canberra. A súa visión dun continente con intergridade levárono a ser o Xefe da campaña tratado ’88 por un tratado de soberanía entre as nacións aborixes e os australianos non aborixes. Definiu o argumento legal para un Tratado / Tratados e Soberanía Aborixe en Aboriginal Sovereignty in Aboriginal Sovereignty, Justice, the Law and Land.Gilbert, Kevin (1987) Aboriginal Sovereignty: Justice, the Law and Land, (iBook) (print) En 1978 foi o gañador do premio National Book Council de escritores por Living Black: Blacks Talk to Kevin Gilbert (1977).Gilbert, Kevin, (1977) Living Blacks: Blacks Talk to Kevin Gilbert

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1993