Betsi Cadwaladr, nada en Llanycil o 24 de maio de 1789 e finada en Londres o 17 de xullo de 1860, foi unha enfermeira galesa, tamén coñecida como Beti CadwaladrWelsh National Heroes by Alun Roberts, Y Lolfa, 2002 e como Betsi Davis.BBC News – Betsi Cadwaladr, Bala Crimean War nurse, given memorial.
Traxectoria Traballou como enfermeira na Guerra de Crimea xunto a Florence Nightingale, aínda que as súas diferenzas sociais foron obxecto de confrontación constante entre ambasRadio Cymru, a conversation with Lyn Ebenezer, published in the Cwrs Uwch, Bangor University, 2003 e a súa formación autodidacta foi moi importante no estabelecemento das bases da enfermaría moderna.
Actualmente, o seu nome está asociado á Xunta de Saúde da Universidade Betsi Cadwaladr (en galés: Bwrdd Iechyd Prifysgol Betsi Cadwaladr), a maior organización asistencial en Gales. En 2016 foi nomeada unha das "50 maiores galeses de todos os tempos", por diante doutros galeses como Tom Jones, o actor Anthony Hopkins, T.E. Lawrence e Ivor Novello.
Notas
Categoría:Nados en 1789 Categoría:Finados en 1860 Categoría:Enfermeiros de Gales Categoría:Nados en Gwynedd