dereita|miniatura|Micrografía dunha mostra por punción aspirativa con agulla fina de glándula salivar mostrando carcinoma adenoide cístico. Coloración de Papanicolau. dereita|miniatura|Médico realizando unha PAAF para determinar a natureza dun nódulo no tecido mamario.

Punción aspirativa con agulla fina (PAAF) é un procedemento médico dirixido á investigación de pacientes con masas. A técnica consiste na retirada de pequena porción de tecido por aspiración a través dunha agulla fina e posterior coloración e análise microscópica. As biopsias por punción aspirativa de agulla fina son procedementos cirúrxicos seguros, moitas veces evitando biópsias cirúrxicas maiores (excicionais ou abertas).

PAAF de tiroide A punción aspirativa con agulla fina é considerado o método diagnóstico inicial na avaliación da doenza nodular da tiroide, tendo grande aceptación pola facilidade de execución e mellor relación custo-beneficio para o diagnóstico e a selección de pacientes para cirurxía. O éxito do método depende da experiencia do patoloxista e da habilidade técnica na obtención de mostras axeitadas. Na presenza dun diagnóstico negativo para neoplasia, permite observar o paciente clinicamente, reducindo a necesidade de cirurxía en máis do 50%. Nos casos sospeitosos ou positivos para neoplasia, selecciona os pacientes para cirurxía, dobrando o número de carcinomas operados e reducindo os custos en máis do 25%.

Notas

Categoría:Cirurxía Categoría:Probas médicas Categoría:Patoloxía