Mark James Patrick Kermode, nado co apelido Fairey; nado o 2 de xullo de 1963 é un crítico de cinema e televisión británico, ademais de músico. É o crítico cinematográfico xefe de The Observer, colabora con Sight & Sound e copresenta o programa da BBC Radio 5 Live Kermode and Mayo's Film Review e o programa da BBC Two The Culture Show. Kermode escribe e presenta un videoblog para a BBC, e é membro da British Academy of Film and Television Arts. Kermode é membro fundador da banda de músia skiffle Dodge Brothers, na cal toca o contrabaixo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alumnos da Universidade de Manchester