Para a moeda romana de bronce con valor de medio ás, ver semis. miniatura|Semissis de Constantinopla a nome de Anastasio I (491-518). Peso: 2,25 g. Anverso: D N ANASTASIVS P P AUG; busto do emperador. Reverso: VICTORIA AVGGG; Vitoria sedente, cristograma e CONOB no exergo.|alt= O semissis (voz latina, "metade dunha unidade"; en grego σεμίσσης) foi unha pequena moeda da Antiga Roma de ouro, aparecida no século IV, equivalente a medio sólido do Imperio Romano, e que continuou vixente ata o século IX co valor da metade do nomisma do Imperio Bizantino."Semissis". En Amandry, Michel. (2001).Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Semissis". "Semissis". En Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com"Semissis". En Mateu y Llopis, F. (1946).

Historia Os motivos máis recorrentes dos semissis son o busto do emperador nos seus anversos e a imaxe dunha idealización alegórica da Vitoria nos seus reversos.Fotografía e descrición dun semissis. En Harvard Art Musseums.

A partir da reforma de 309, no reinado do emperador Constantino I (306-337), o sólido constituíu, xunto co seu divisor, o semissis (arredor de 2,25 gramos), o estándar moeda de ouro do Imperio Romano."Semissis". En Forum Ancient Coins.Cepeda, Juan José. (2004).

Os primeiros exemplares de semissis foron emitidos ao seu nome nos obradoiros monetarios de Roma en 312. Durante os séculos IV e V cuñouse en cantidades moi modestas, e foi nos séculos VI e VII, e nas primeiras décadas do VIII cando as súas emisións acadaron maior importancia. A partir de 740 foi moi raramente cuñado no Oriente; o derradeiro exemplar coñecido provén do reinado de Basilio I o Macedonio (867-886). No entanto, na Europa Occidental mantívose en circulación en Sicilia ata a conquista árabe de Siracusa (877-878).Kazhdan (1991). Páxina 1.868.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda bizantina Cecas bizantinas

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, Michel. Dictionaire de Numismatique. Larousse, 2001. ISBN 2035050766 Cepeda, Juan José. "Las reformas de Diocleciano y Constantino I y su reflejo en la composición de los tesoros monetarios". En VIII Curs d'Història Monetària d'Hispània. La moneda de l'Imperi romá. Museu Nacional d'Art de Catalunya. 2004 Grierson, Philip. Byzantine coinage. Dumbarton Oaks. 1999. ISBN 978-0-88402-274-9 Hendy, Michael F. Studies in the Byzantine Monetary Economy c.300-1450. Cambridge University Press, 1985. ISBN 0-521-24715-2 Kazhdan, A. E (ed.). The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0-19-504652-6 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Sabatier, Justin. Description générale des monnaies byzantines frappées sous les Empereurs d'Orient. 2 vol. París, 1862 Suarez, Rasiel. The Encyclopedia of Roman Imperial Coins. Dirty Old Books, 2005.

Ligazóns externas

"Semissis". En Coin Archives A fascinación do ouro na moeda antiga. Universidade Católica Sacro Cuore (en italiano e inglés) Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas do Imperio Bizantino Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro