DNEG é unha compañía británica de efectos visuais animación por ordenador e conversión estéreo que foi fundada en 1998 en Londres.
A compañía recibiu catro Premios Oscar polo seu traballo nos filmes Inception, Interstellar, Ex Machina e Blade Runner 2049. Ademais, DNEG tamén recibiu premios BAFTA por Inception, Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte), Interstellar, Blade Runner 2049 e Black Mirror - tempada 4: Metalhead, e premios polos efectos visuais polo seu traballo en filmes como O cabaleiro escuro: a lenda renace, Sherlock Holmes, Inception, Interstellar, Dunkerque e Blade Runner 2049.
DNEG ten a súa sede en Fitzrovia, Londres, con oficinas en Vancouver, Bombai, Os Ánxeles, Chennai, Montreal, Hyderabad, Chandigarh e Goa .
Notas
Categoría:Empresas do Reino Unido