IndiGo é unha aeroliña de baixo custo india con sede en Gurgaon, no estado de Haryana. É a aeroliña máis grande do país en número de pasaxeiros transportados e tamaño de frota, co 40,9% do mercado doméstico en maio de 2018. Tamén é a aeroliña low-cost individual máis grande de Asia en termos de frota de reactores e pasaxeiros, e a sétima aeroliña máis grande do continente cuns 46 millóns de pasaxeiros transportados en 2017. A compañía voa a 51 destinos, tanto domésticos como internacionais. Ten o seu centro de conexións principal no aeroporto Indira Gandhi de Delhi.
A aeroliña fundouse en 2006 como unha compañía privada por Rahul Bhatia, de InterGlobe Enterprises, e Rakesh Gangwal, un expatriado indio baseado nos Estados Unidos. Recibiu o seu primeiro avión en xullo dese anos e comezou a operar un mes despois. A aeroliña converteuse na maior do país no ano 2012 e volveuse pública en novembro de 2015.
Frota miniatura|Airbus A320neo miniatura|Airbus A320 En xuño de 2018 a frota de IndiGo estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de IndiGo Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros NotasAirbus A320-200125—180Airbus A320neo35370180186Airbus A321neoLR—25TBAEntregas a partir de 2019ATR 72-6009427420 serán entregados en decembro de 2018Total167437
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas da India Categoría:Aeroliñas de baixo custo