Cristina Peri Rossi, nada en Montevideo, Uruguai, o 12 de novembro de 1941, é unha escritora, tradutora e activista política uruguaia. Exiliada en España desde 1972, reside en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira literaria.

Segundo o crítico Seymour Menton, foi unha das contistas contemporáneas máis destacadas do Uruguai a partir da década de 1950. Os editores da revista Confluencia din que «é considerada unha das escritoras máis importantes de fala castelá, traducida a máis de vinte linguas, incluídas o yiddish e coreano». Foi censurada durante a ditadura militar que gobernou Uruguai de 1973 a 1985. A súa obra foi prohibida no país, así como a mención do seu nome nos medios de comunicación. Malia o seu exilio no Estado Español, baixo o réxime de Franco, e tamén despois en París, a autora seguiu publicando obras de alto contido político e non deixou de involucrarse en labores de activismo fóra do Uruguai.

Peri Rossi foi unha autora pioneira e é a única escritora feminina vinculada ao boom latinoamericano, un movemento xeralmente asociado con autores como Gabriel García Márquez, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes. Traduciu ao español obras de Clarice Lispector e Monique Wittig, e colaborou en medios de comunicación españois como Diario 16, El Periódico e a Axencia EFE.

En 2021 foi galardoada co Premio Cervantes.

Biografía

Primeiros anos e educación Peri Rossi naceu o 12 de novembro de 1941, en Montevideo, Uruguai, a primeira de dúas fillas nunha familia de inmigrantes italianos, aínda que na casa só falaban español. O seu pai, Ambrosio Peri, un traballador téxtil, morreu cando ela era nova, aínda que este falecemento non parece influír na vida da súa filla. A súa nai, Julieta Rossi, que era mestra, recoñeceu moi pronto o talento que a súa filla posuía para a escritura e foi unha inspiración na súa carreira. Peri Rossi tamén tiña unha estreita relación co seu tío, solteiro, comunista e dono dunha biblioteca. De feito, dependía en gran medida das bibliotecas para a lectura, debido á situación económica da súa familia. Nunha entrevista revela que adoitaba ler nas bibliotecas, porque non podía comprar os libros nas librarías. Cando tiña dezaseis anos foi á Biblioteca Nacional, onde leu O segundo sexo, de Simone de Beauvoir.

Asistiu a unha escola primaria pública e despois ao liceo público Rodó, onde tamén completou estudos preuniversitarios entre 1958 e 1960. Neste mesmo ano foi aceptada no Instituto de Profesores Artigas, unha institución terciaria de educación na que se forman profesores para o ensino. Alí dedicouse á literatura comparada, ademais de ensinar no preuniversitario. Gañou a cátedra en 1964 e a continuación deu cursos en varias institucións durante o seguintes once anos, até o seu exilio.

miniatura|O Instituto de Profesores Artigas, onde Peri Rossi realizou os seus estudos na docencia.

De forma paralela á súa carreira na docencia, desenvolvíase como escritora. Publicou a súa primeira obra en 1963, Viviendo, unha recompilación de contos. A segunda deste mesmo xénero, Los museos abandonados, publicouse en 1969. A saída da súa primeira novela, El libro de mis primos, foi nese mesmo ano. Tras estas publicacións empezou a ser recoñecida como unha das máis importantes escritoras da súa xeración, con galardóns tales como o Premio de los Jóvenes de Arca (1968) para Los museos abandonados e o Premio Marcha para El Libro de mis primos (1969). Estas obras, e outras que se publicaron até o seu exilio en 1972, foron incorporando progresivamente unha carga máis ideolóxica, relacionada coa gravidade da situación política en vésperas do golpe militar.

Mentres tanto, Peri Rossi adheríase á coalición esquerdista Fronte Ampla como membro independente. Esta relación xunto coa súa participación na revista liberal Marcha, pechada polos militares en 1970, e no entón diario comunista El Popular resultaron en ameazas á súa vida. Aos trinta e un anos, o seu activismo político incitouna a fuxir a España, onde fixou residencia.

Exilio

O 4 de outubro de 1972 exiliouse en España, onde reside desde entón. Con todo, fuxiu a París coa axuda do seu amigo Julio Cortázar cando, en 1974, o Goberno español colaborou co do Uruguai para negarse a autorizar de novo o seu pasaporte español; alí permanecería un par de anos. Ao regresar a España obtivo a nacionalidade española, en 1975, aínda que lle concederon cidadanía uruguaia outra vez en 1985. Neste momento mantén ambas as nacionalidades. Coa chegada da democracia no Uruguai, considerou regresar ao seu país pero escolleu quedar en España, a pesar de que nunca se sentía cómoda alí. Con todo insiste en que unha escritora debe sentirse incómoda para escribir ben. O exilio influíu non só na súa escritura, senón tamén nas súas relacións con outras escritoras. En Barcelona coñeceu a escritoras como Ana María Moix, Montserrat Roig e Esther Tusquets.

O exilio é unha experiencia persoal para ela, xa que tivo que abandonar o país por mor da situación política. Nunha entrevista realizada en 2005, dixo que non tiña de que vivir no Uruguai:

Con todo, sufriu moito por causa deste exilio e varias veces contemplou suicidarse. Hoxe en día a escritora parece terse afeito a unha vida fóra da súa patria —pasou por Francia, España e Alemaña—; con todo considérase a si mesma unha cidadá do mundo. Segundo Peri Rossi, os países cos que sente afinidade son aqueles nos que hai xustiza e se defenden os dereitos humanos e animais. Na súa opinión esa é a verdadeira patria.

Carreira literaria A súa carreira literaria comezou no Uruguai nos anos 60. Escritora da esquerda máis radical, Peri Rossi publicaba os seus primeiros libros baixo este motivo. Nunha entrevista dixo: "eu era unha escritora moi comprometida e a voz pública da esquerda." Despois dalgún tempo, comezou a escribir libros cuxos protagonistas eran principalmente nenos. Continuou escribindo estando no exilio, onde posteriormente abordou temas como o erotismo e a homosexualidade. Aínda que o tema do lesbianismo é máis popular na súa escritura posterior, hai aínda unha distinción entre a súa escritura lesbiana e non lesbiana. A súa escritura anterior, por exemplo Viviendo, «consiste en historias impregnadas dun lesbianismo mergullado», mentres que a maior parte das súas ficcións posteriores teñen protagonistas femininas que exploran as súas atraccións sexuais cara a outras mulleres."consists of stories pervaded by a submerged lesbianism"

Primeiras publicacións A propia autora confesa que non tivo unha infancia feliz, mais a través da escritura e a imaxinación foi quen de afirmar a súa identidade e loitar contra a manipulación. Considérase a si mesma escritora desde moi nova, porque sostén que a actividade de escribir non se limita a fixar un texto, senón tamén inclúe o acto de "imaxinalo, soñalo [e] intuílo". Afirma que escribía poemas e contos desde "os albores da infancia". De feito, aos seis anos, Peri Rossi revelou a toda a súa familia o seu desexo de converterse en escritora. A reacción da súa familia foi de risa e de incredulidade, á marxe da súa nai, que era consciente do talento da súa filla desde a súa nenez. A pesar desta desaprobación, Peri Rossi comezou a publicar; os seus primeiros traballos foron dúas coleccións de relatos, Viviendo (1963) e Los museos abandonados (1968), e unha novela, El libro de mis primos (1969).

Viviendo A súa primeira obra foi publicada en 1963, aínda que foi escrita moito antes. O libro consta de tres historias realistas, «Viviendo», «El baile» e «No sé que;» tres narrativas con protagonistas femininas. Cada historia ofrece unha visión escura do mundo, representan un lugar restrinxido para as mulleres que o habitan. A primeira trata dunha muller que se ve condenada a unha vida de solteira. As últimas contan unha historia semellante: a da vida cotiá dunha muller, sen ser capaz de cambiar o seu destino. Ambas as historias abordan implicitamente o tema de relacións lesbianas.

Los museos abandonados Los museos abandonados é unha colección de contos, aínda que algúns críticos consideran que é unha breve novela. Publicouse esta obra no ano 1968, e case inmediatamente despois foi aclamada por críticos e recoñecida con premios literarios como o Premio de los Jóvenes de Arca. Un destes críticos, Julio Cortázar, escribiulle para dicirlle que despois de ler Los museos tiña que tirar a primeira versión da súa propia novela, Manual para Manuel, porque había moitas similitudes entre os dous libros. Ambas abordaban os principais conflitos políticos da guerrilla — as súas orixes burguesas, o seu odio polos intelectuais, a humillación das mulleres. Peri Rossi explica que eses temas eran correntes entre os membros da xeración do 68 e formaban parte da vida cotiá das persoas en lugares tan diversos como París, A Habana ou Montevideo. De feito, a primeira edición de Los museos abandonados foi dedicada á guerrilla, aínda que máis tarde Peri Rossi corrixiuna. Mario Benedetti valorou moi positivamente Los museos abandonados: eloxiou o texto na revista Marcha e logo dedicoulle á obra un capítulo enteiro da súa Literatura uruguaya del siglo XX.

La nave de los locos esquerda|miniatura|Tapiz románico da Creación, (Século XI) da catedral de Xirona, que figura na trama de ‘’La nave de los locos’’.

Unha das súas obras máis destacadas é La nave de los locos (1984). É considerada a novela hispanoamericana máis importante despois do boom latinoamericano. La nave é unha alegoría do exilio que vai máis aló da política para desafiar tamén nocións de inclusión e exclusión a calquera nivel da experiencia humana, especialmente os do xénero e a sexualidade. A novela consta de dous planos narrativos, o primeiro deles a representación do tapiz románico da Creación (o que representa a creación do mundo segundo o libro da Xénese). Neste mundo (e, por conseguinte, neste plano da historia) todo é harmonioso e estruturalmente ordenado. Doutra banda, o segundo plano narrativo trata da vida de Equis, o protagonista exiliado, e outros personaxes ficticios. Este mundo oponse ao do tapiz porque é caótico, fragmentado e disperso da realidade. No canto da harmonía que experimentan as figuras da Creación, os personaxes como Equis experimentan a soidade e a alienación do mundo social configurado pola experiencia do exilio.

Segundo a revista Confluencia, «é considerada a mellor novela do posboom latinoamericano». A obra trata de temas como a viaxe, a loucura e a creación. Os temas da viaxe son evidentes na novela xa que están conectados coa idea do exilio, como o estado da vida de Peri Rossi. Con todo non é a súa intención a de desenvolver a súa historia persoal, senón a de reflectir a traxedia dos exilios e as desaparicións relacionadas con «os crimes das ditaduras militares no Cono Sur de América Latina». Na novela, as persoas na profundidade das augas fan referencia aos desaparecidos durante estes réximes militares, como os do Brasil, a Arxentina, Chile e o Uruguai. «La nave de los locos abre un espazo na literatura que permite a exploración de articulacións conceptuais alternativas do concepto do exilio, á vez que experimenta coas posibilidades estéticas e ideolóxicas da súa incorporación á ficción».

Traballos desde o ano 2000 miniatura|Peri Rossi dedicando o seu poemario "Estrategias del deseo".

No século XXI Peri Rossi escribiu coleccións de poesía como Estado del Exilio (2003), Estrategias del deseo (2004), Mi casa es la escritura (2006) e Habitación del hotel (2007). O poemario Estrategias del deseo (2004) é unha intensa historia de amor desde os albores do desexo até a ameaza do esquecemento. Cada poema é a secuencia dun relato trepidante, entreverado de coidado erotismo, esplendor, nostalxia e soño. Os escenarios do amor, as palabras, a memoria ou o corpo son os elementos cos que a autora constrúe a trama verbal deste poemario.