O Gran Premio de Bélxica de 1996 (oficialmente LIV Grand Prix de Belgique) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 25 de agosto de 1996 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a décimo terceira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de da FIA.
A carreira de 44 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando un Ferrari. Schumacher estrelouse fortemente na práctica do venres, pero recuperouse para cualificar terceiro antes de acadar a súa segunda vitoria da tempada. Jacques Villeneuve, que comezara desde a pole position, terminou segundo no seu Williams-Renault, con Mika Häkkinen terceiro no McLaren - Mercedes. O compañeiro de equipo de Villeneuve e líder do campionato de pilotos, Damon Hill, terminou quinto.
Clasificación
Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:50.574 2 5 Damon Hill Williams-Renault 1:50.980 +0.406 3 1 Michael Schumacher Ferrari 1:51.778 +1.204 4 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:51.884 +1.310 5 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:51.960 +1.386 6 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:52.318 +1.744 7 3 Jean Alesi Benetton-Renault 1:52.354 +1.780 8 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1:52.977 +2.403 9 2 Eddie Irvine Ferrari 1:53.043 +2.469 10 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:53.152 +2.578 11 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:53.199 +2.625 12 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 1:53.993 +3.419 13 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:54.095 +3.521 14 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:54.220 +3.646 15 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 1:54.700 +4.126 16 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 1:55.150 +4.576 17 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:55.371 +4.797 18 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 1:56.286 +5.712 19 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 1:56.830 +6.256 107% tempo: 1:58.314 NSC 21 Giovanni Lavaggi Minardi-Ford 1:58.579 +8.005
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Michael Schumacher Ferrari 44 1:28:15.125 3 10 2 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 44 + 5.602 1 6 3 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 44 + 15.710 6 4 4 3 Jean Alesi Benetton-Renault 44 + 19.125 7 3 5 5 Damon Hill Williams-Renault 44 + 29.179 2 2 6 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 44 + 29.896 5 1 7 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 44 + 1:00.754 13 8 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 44 + 1:40.227 17 9 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 43 + 1 volta 18 10 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 43 + 1 volta 19 Ret 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 37 Trompo 4 Ret 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 34 Motor 8 Ret 2 Eddie Irvine Ferrari 29 caixa de cambios 9 Ret 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 29 Suspensión 10 Ret 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 22 Eléctrico 15 Ret 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 11 Accidente 16 Ret 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 0 Colisión 11 Ret 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 0 Colisión 12 Ret 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 0 Colisión 14 NSC 21 Giovanni Lavaggi Minardi-Ford
Notas
O inicio da carreira viu que os dous Sauber de Heinz-Harald Frentzen e Johnny Herbert elimináronse inmediatamente cando chocaron na forquita de La Source, seguindo un incidente que tamén implicaba a Olivier Panis no Ligier e Rubens Barrichello no Jordan. Panis tamén se retirou no acto e Barrichello puido continuar, intentando reparar a súa suspensión, aínda que finalmente fallou completamente na volta 30. Na volta 10, Jos Verstappen entrou en boxes co acelerador bloqueado. O equipo de Footwork Arrows non atopou ningún dano e enviou a Verstappen de novo á pista, só para que o holandés chocase case de inmediato. O xefe do equipo Tom Walkinshaw confirmou despois da carreira que o problema do acelerador non se repetiu e que o choque causouno unha roda defectuosa. O incidente sacou o coche de seguridade durante sete voltas, durante o cal todos os pilotos, ademais dos McLaren de Mika Häkkinen e David Coulthard, (ambos correndo cunha estratexia dunha parada) fixeron paradas en boxes. Jacques Villeneuve, que lideraba a carreira cando saíu o coche de seguridade, atrasou a parada no pit na volta 13. Como resultado, perdeu o liderado a favor de Michael Schumacher, que finalmente gañou a carreira por 5´6 segundos sobre Villeneuve. O piloto canadense explicou máis tarde que había entendido mal as instrucións da radio para entrar en boxes debido á confusión provocada pola saída do coche de seguridade. Como consecuencia do erro de Villeneuve, os enxeñeiros de Williams ordenaron ao seu compañeiro de equipo Damon Hill que entrara a boxes, só para que cando se dirixía ao pit lane pedirlle que se mantivera fora. Hill pilotaba o Williams de reposto tras un fallo na sesión de warm-up do domingo. No momento en que finalmente fixo o seu pit stop, caeu ata o décimo terceiro posto, pero recuperouse para terminar quinto. Cando marchaba no cuarto lugar Gerhard Berger trompeou co seu Benetton mentres intentaba pasar ao Ferrari de Eddie Irvine, un erro que o deixou 12º. Logo de establecer unha serie de voltas rápidas, recuperouse ata o sexto ao final da carreira, grazas en parte á retirada de Irvine con problemas na caixa de cambios. O compañeiro de Benetton de Berger, Jean Alesi, terminou cuarto.
Posicións logo da carreira Texto en grosa indica Campionato do Mundo.
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 1 Damon Hill 81 2 Jacques Villeneuve 68 3 Michael Schumacher 39 4 Jean Alesi 38 5 Mika Häkkinen 23
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault 149 2 Benetton-Renault 55 3 Ferrari 48 4 McLaren-Mercedes 41 5 Jordan-Peugeot 15
Notas
Véxase tamén
Bélxica Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1