Balas sobre Broadway (en ) é un filme estadounidense de 1994, dirixido por Woody Allen e protagonizado por un elenco coral que inclúe a John Cusack, Dianne Wiest, Chazz Palminteri e Jennifer Tilly.

O filme foi candidato a sete premios Oscar, incluíndo a Allen e o seu guionista Douglas McGrath ao mellor guión orixinal, Allen ao mellor director e Tilly e Palminteri como actriz e actor secundario, respectivamente. Wiest gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación, segunda vez que gañaba o premio dirixida por Allen.

Foi emitido na TVG en 1998.

Argumento En 1928, David Shayne é un dramaturgo novo e idealista que acaba de chegar a Broadway. Para conseguir financiamento para a súa obra, God of Our Fathers, acepta contratar a Olive Neal, moza dun gánster. Ela é esixente e carece de talento, mais Cheech, o escolta do gánster, resulta ser un xenio que chega constantemente con ideas excelentes para revisar a obra.

Mentres os actores preparan, Shayne vese superado reclamando o escrito por Cheech como propio, enganando a súa parella Ellen coa sedutora e alcohólica protagonista Helen Sinclair e enfrontando que o seu protagonista, un comedor compulsivo, comece un romance con Olive.

Elenco John Cusack como David Shayne Dianne Wiest como Helen Sinclair Jennifer Tilly como Olive Neal Chazz Palminteri como Cheech Mary-Louise Parker como Ellen Jack Warden como Julian Marx Joe Viterelli como Nick Valenti Rob Reiner como Sheldon Flender Tracey Ullman como Eden Brent Jim Broadbent como Warner Purcell Harvey Fierstein como Sid Loomis Stacey Nelkin como Rita Edie Falco como Lorna Benay Venuta como Adoring Theatre Patron Debi Mazar como Violet Małgorzata Zajączkowska como Lili Tony Sirico como Rocco Tony Darrow como Aldo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Where's Woody? en Boston Review: artigo discutindo as influencias de Nietzsche en Balas sobre Broadway

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes ambientados en 1928 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego