O himno nacional da República da China (Taiwán), é o actual himno nacional da República da China (Taiwán). Mostra como a visión e as esperanzas dunha nova nación e do seu pobo poden e deben ser conseguidas e mantidas usando o Tres Principios do Pobo. Informalmente, a canción é coñecida como "San Min Chu-i" ou "Tres Principios do Pobo" debido ao primeiro verso, pero esta denominación nunca é usada en ocasións formais ou oficiais.
Historia miniatura|276x276px|Partitura do Himno Nacional da República da China. O texto do "Himno Nacional da República da China" foi produto da colaboración entre varios membros do Kuomintang (KMT):
Hu Hanmin (胡漢民 Hú Hànmín), Tai Chi-t'ao (戴季陶; Dài Jìtáo), Liao Chung-k'ai (廖仲愷 Liáo Zhōngkǎi) Shao Yüan-ch'ung (邵元沖 Shào Yuánchōng).
O texto apareceu por primeira vez o 16 de xullo de 1924 ao comezo dun discurso realizado por Sun Yat-sen na cerimonia inaugural da Academia Militar de Whampoa.
Despois do éxito da Expedición do Norte, o Kuomintang elixiu o texto para que fose o himno do partido e publicamente solicitouse música para acompañalo. Ch'eng Mao-yün (程懋筠; Chéng Màoyún) gañou nun concurso de 139 participantes.
O 24 de marzo de 1930, varios membros do Kuomintang propuxeron usar o discurso de Sun como a letra do himno nacional. Debido á oposición sobre usar un símbolo dun partido político para representar á nación enteira, creouse o Comité para a Investigación e Edición do Himno Nacional (國歌編製研究委員會), o cal aceptou o himno do Kuomintang. O 3 de xullo de 1937, o Comité Central Permanente (中央常務委員會) aprobou a proposta, e en 1943, os "Tres Principios do Pobo" oficialmente converteuse no himno nacional da República da China.
Letras Chinés Caracteres chineses tradicionais 三民主義,吾黨所宗, 以建民國,以進大同。 咨爾多士,為民前鋒; 夙夜匪懈,主義是從。 矢勤矢勇,必信必忠; 一心一德,貫徹始終。 Zhuyin Fuhao ㄙ ㄢ ㄇ一ㄣˊ ㄓㄨ ˇ 一 ˋ
ㄨ ˊ ㄉ ㄤˇ ㄙㄨㄛˇ ㄗㄨㄥˉ
一 ˇ ㄐ一ㄢˋ ㄇ一ㄣˊ ㄍㄨㄛˊ
一 ˇ ㄐ一ㄣˋ ㄉ ㄚˋ ㄊㄨㄥˊ
ㄗ ㄦ ˇ ㄉㄨㄛ ㄕ ˋ
ㄨ ㄟˊ ㄇ一ㄣˊ ㄑ一ㄢˊ ㄈ ㄥ
ㄙ ㄨˋ 一 ㄝˋ ㄈ ㄟˇ ㄒ一ㄝˋ
ㄓ ㄨˇ 一 ˋ ㄕ ˋ ㄘㄨㄥˊ
ㄕ ˇ ㄑ一ㄣˊ ㄕ ˇ ㄩ ㄥˇ
ㄅ 一ˋ ㄒ一ㄣˋ ㄅ 一ˋ ㄓㄨㄥ
一 ˋ ㄒ一ㄣ 一 ˋ ㄉ ㄜˊ
ㄍㄨㄢˋ ㄔ ㄜˋ ㄕ ˇ ㄓㄨㄥ Wade-Giles San-min-chu-i, Wu-tang so tsung; i-chien min-kuo, i-chin ta-t'ung. Tzu erh to-shih, wei min ch'ien-feng; su-yeh fei-hsieh, chu-i shih ts'ung. Shih ch'in shih yung, pi hsin pi chung ; i-hsin i-che, kuan-ch'e shih-chung. Hanyu Pinyin Sānmín Zhǔyì, wúdǎng suǒ zōng; Yǐ jiàn Mínguó, yǐ jìn dà tóng. Zī'ěr duō shì, wéi mín qiánfēng; Sù yè fěi xiè, zhǔyì shì cóng. Shǐ qín shǐ yǒng, bì xìn bì zhōng; Yì xīn yì dé, guànchè shǐzhōng.
Tradución ao galego Tres Principios do Pobo, O fundamento do noso partido, Co cal, establecemos a República; Co cal, avanzamos a un estado de paz total. Oh, vostedes, guerreiros, Polo pobo, estean á vangarda. Sen descanso de día ou de noite, Sigan os Principios. Xuren ser dilixentes; xuren ser valentes. Obrigados a ser dignos de confianza; obrigados a ser leais. Cun corazón e unha virtude, Levamos a cabo até o final.
Véxase tamén
Outros artigos Kuomintang República da China (1912-1949) Taiwán
Categoría:Taiwán Taiwan