miniatura|Vello anuncio de aspirina, antiinflamatorio non esteroideo, nunha farmacia de Tui. En medicina e en farmacia, o termo antiinflamatorio aplícase ao medicamento ou ao procedrmento médico usados para previr ou diminuír a inflamación dos tecidos.antiinflamatorio no Dicionario da RAG.
Medicamentos antiinflamatorios No caso dos medicamentos, o mecanismo polo cal actúan xeralmente é o de impedir ou inhibir a biosíntese dos seus axentes mediadores, principalmente os denominados eicosanoides ou derivados do ácido araquidónico.Dawson, James S.; Magali N. F. Taylor & Peter J. W. Reide (2003): Lo esencial en farmacología. 2ª ed. Madrid: Editorial Elsevier España. ISBN 978-84-8174-694-5.
Hai dous grandes grupos de fármacos antiinflamatorios: esteroideos e non esteroideos. Tamén existe o grupo de fármacos antirreumatoides modificadores da enfermidade (FARME) e algúns outros fármacos con propiedades antiinflamatorias leves, como certos antihistamínicos e os usados para o tratamento da gota, aínda que non son estritamente antiinflamatorios.Rang, H. P. & M. M. Dale (2008): Farmacología. Madrid: Editorial Elsevier España. ISBN 978-84-8086-303-2.
Procedementos antiinflamatorios Os procedementos antiinflamatorios son en xeral medidas físicas, como repouso e inmobilización, hipotermia ou crioterapia localizada, elevación e compresión da extremidade afectada, e que xeralmente se recomendan aplicar en forma primaria e inmediata. Son de uso moi común para tratamentos de lesións en deportistas.Bravo Díaz, Luis & Elisa Marhuenda Requena (2005): Manual de farmacoterapia. Madrid: Editorial Elsevier España. ISBN 978-84-8174-764-5.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas ¿Qué son los fármacos antiinflamatorios? en antiinflamatorios.com .
Categoría:Antiinflamatorios