A Lamar Hunt U.S. Open Cup, tamén coñecida como U.S. Open Cup, é unha competición de fútbol estadounidense organizada pola federación de fútbol deste país, a USSF. A primeira edición desta competición xogouse en 1914, e é polo tanto a competición de fútbol máis antiga (en activo) dos Estados Unidos. Na súa centésimo cuarta edición bateuse o récord de participantes, un total de 99 equipos. Nesta copa participan equipos tanto profesionais como afeccionados das seguintes ligas: Major League Soccer, North American Soccer League, United Soccer League, Premier Development League e National Premier Soccer League http://www.ussoccer.com/stories/2017/03/01/13/54/20170301-news-usoc-2017-lamar-hunt-us-open-cup-format-announced.

O gañador da Lamar Hunt U.S. Open Cup clasifícase directamente para a Liga de Campións da CONCACAF.

Historia A primeira U.S. Open Cup, que nesa época se coñecía como National Challenge Cup, xogouse no ano 1914 e foi gañada polo Brooklyn Field Club http://www.ussoccer.com/lamar-hunt-us-open-cup/about-the-us-open-cup. Non foi ata o ano 1999 cando tivo lugar o cambio de nome en honor a Lamar Hunt, o propietario da MLS e pioneiro do fútbol nos Estados Unidos. Nas dúas primeiras décadas esta competición foi totalmente dominada polos equipos industriais, onde cabe subliñar o Bethlehem Steel FC que entre os anos 1914 e 1924 gañou cinco veces esta competición. E aínda conserva o título de equipo máis laureado da US Open Cup . Dentro da conxuntura deste país foi habitual ver participando nesta competición equipos totalmente formados por emigrantes europeos. Na década dos setenta e a comezos dos oitenta, coincicindo coa era dourada da NASL con estrelas como Johan Cruyff, Franz Beckenbauer, George Best e Pelé, os equipos desta liga negáronse a participar nesta copa . Coa creación da MLS, en 1996, os equipos estadounidenses desta liga comezaron a competir na Lamar Hunt U.S. Open Cup. E dende ese mesmo ano só un equipo que non formaba parte da MLS foi capaz de gañar esta competición, o Rochester Rhinos en 1999 .

Dende a primeira edición o trofeo que se entregaba ós gañadores era a Copa Dewar, doada por Sir Thomas Dewar. No ano 1979 este trofeo foi retirado por mor dos estragos. Pero no ano 1997 volveuse a entregar a Copa Dewar, até 2006 cando foi retirada definitivamente.

No ano 2017 cun total de 99 clubs participantes, que proveñen de 30 estados diferentes, bateuse o récord de participantes en toda a historia da Lamar Hunt U.S. Open Cup .

Formato As tres primeiras roldas clasificatorias son xogadas polos equipos das divisións inferiores á USL, é dicir a partir do cuarto nivel do fútbol estadounidense. As roldas son a partido único. É xa na cuarta rolda é cando entran o resto de equipos a participar nesta competición . A partir desta rolda non entran novos equipos na competición. Todos os partidos, incluíndo a final, xóganse a 90 minutos e en caso de empate chégase a unha prórroga de media hora e en caso de manterse o empate o partido decidirase nos penaltis.

Os equipos filiais dos clubs profesionais non poden participar nesta competición dende o ano 2016.

Campións Todos os campións Actualizada a 30 de maio de 2018 https://www.ussoccer.com/lamar-hunt-us-open-cup/about-the-us-open-cup/open-cup-champions

Ano Equipo 1914 Brooklyn Field Club 1915 Bethlehem Steel 1916 Bethlehem Steel (2) 1917 Fall River Rovers of Mass 1918 Bethlehem Steel (3) 1919 Bethlehem Steel (4) 1920 St. Louis Ben Miller FC 1921 Brooklyn Robbins Dry Dock 1922 St. Louis Scullin Steel 1923 Paterson FC of N.J. 1924 Fall River Marksmen 1925 Shawsheen FC of Andover 1926 Bethlehem Steel (5) 1927 Fall River Marksmen (2) 1928 New York Nationals 1929 New York Hakoah SC

Ano Equipo 1930 Fall River Marksmen (3) 1931 Fall River Marksmen (4) 1932 New Bedford Whalers of Mass 1933 St.L Stix, Baer & Fuller 1934 St.L Stix, Baer & Fuller (2) 1935 St.L Central Breweries 1936 Phila. German-American SC 1937 New York Americans 1938 Chicago Sparta ABA 1939 Brooklyn St. Mary's Celtic 1940 Baltimore SC e Chicago Sparta 1941 Pawtucket Rangers 1942 Gallatin SC 1943 Brooklyn Hispano 1944 Brooklyn Hispano (2) 1945 N.Y. Brookhattan

Ano Equipo 1946 Chicago Vikings 1947 Fall River Ponta Delgada 1948 St. Louis Simpkins-Ford 1949 Pittsburgh Morgan SC 1950 St. Louis Simpkins-Ford (2) 1951 N.Y. German Hungarian 1952 Pittsburgh Harmarville 1953 Chicago Falcons 1954 New York Americans (2) 1955 SC Eintracht of N.Y. 1956 Pittsburgh Harmarville (2) 1957 St. Louis Kutis SC 1958 Los Angeles Kickers 1959 San Pedro McIlvaine Canvasbacks 1960 Philadelphia Ukrainian Nationals 1961 Philadelphia Ukrainian Nationals (2)

Ano Equipo 1962 New York Hungaria 1963 Philadelphia Ukrainian Nationals (3) 1964 Los Angeles Kickers (2) 1965 New York Ukrainians 1966 Philadelphia Ukrainian Nationals (4) 1967 New York Greek-American 1968 New York Greek-American (2) 1969 New York Greek-American (3) 1970 SC Elizabeth 1971 New York Hota SC 1972 SC Elizabeth (2) 1973 Los Angeles Maccabee SC 1974 New York Greek-American (4) 1975 Los Angeles Maccabee SC (2) 1976 San Francisco AC 1977 Los Angeles Maccabee SC (3)

Ano Equipo 1978 Los Angeles Maccabee SC (4) 1979 Brooklyn Dodgers SC 1980 New York Pancyprian-Freedoms 1981 Los Angeles Maccabee SC (5) 1982 New York Pancyprian-Freedoms (2) 1983 New York Pancyprian-Freedoms (3) 1984 New York A.O. Krete 1985 San Francisco Greek-American AC 1986 St. Louis Kutis SC (2) 1987 Club España 1988 St. Louis Busch SC 1989 St. Petersburg Kickers 1990 Chicago A.A.C. Eagles 1991 Brooklyn Italians (2) 1992 San Jose Oaks 1993 C.D. Mexico

Ano Equipo 1994 San Francisco Greek-American AC (2) 1995 Richmond Kickers 1996 D.C. United 1997 Dallas Burn 1998 Chicago Fire 1999 Rochester Raging Rhinos 2000 Chicago Fire (2) 2001 Los Angeles Galaxy 2002 Columbus Crew 2003 Chicago Fire (3) 2004 Kansas City Wizards 2005 Los Angeles Galaxy (2) 2006 Chicago Fire (4) 2007 New England Revolution 2008 D.C. United (2) 2009 Seattle Sounders

Ano Equipo 2010 Seattle Sounders (2) 2011 Seattle Sounders (3) 2012 Sporting Kansas City (2) 2013 D.C. United (3) 2014 Seattle Sounders (4) 2015 Sporting Kansas City (3) 2016 FC Dallas (2) 2017 Sporting Kansas City (4)

Equipos con máis títulos Número de títulos Equipos Último título 5 Bethlehem Steel 1926 5 Los Angeles Maccabee SC 1981 4 Fall River Marksmen 1931 4 Philadelphia Ukrainian Nationals 1966 4 Chicago Fire 2006 4 Seattle Sounders 2014 4 Sporting Kansas City 2017 3 New York Pancyprian-Freedoms 1983 3 D.C. United 2013 2 St.L Stix, Baer & Fuller 1934 2 Brooklyn Hispano 1944 2 St. Louis Simpkins-Ford 1950 2 New York Americans 1954 2 Pittsburgh Harmarville 1956 2 Los Angeles Kickers 1964 2 SC Elizabeth 1972 2 St. Louis Kutis SC 1986 2 Brooklyn Italians 1991 2 San Francisco Greek-American AC 1994 2 Los Angeles Galaxy 2005 2 FC Dallas 2016

Notas

Categoría:Fútbol nos Estados Unidos de América Categoría:Copas nacionais de fútbol