Eulalia de Prada Canelas, nada no barrio de Chamberí (Madrid) o 13 de marzo de 1908 e finada en Vigo o 31 de xaneiro de 1989,La Voz de Galicia, 1-2-1989, p. 68 foi unha funcionaria exiliada española.

Traxectoria

Foi a primeira muller funcionaría dun ministerio en España, pois traballou no Ministerio de Agricultura e Fomento entre 1936 e 1939. Represaliada polo franquismo, exiliouse na Arxentina ao finalizar a guerra civil. Militou no Partido Comunista de España. En Buenos Aires converteuse nunha empresaria téxtil e impulsou actividades culturais. En 1951 coñeceu a Laxeiro, acabado de chegar a Buenos Aires, de quen non se separou. Regresaron a España en 1970, instalándose en Madrid. Visitaban Vigo, cidade na que se instalaron cando se agravou a súa enfermidade.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes