miniatura|250x250px|Costela de boi crúa.
A carne bovina é a carne extraída dos bovinos, especialmente do gando doméstico. É unha das variedades de carne máis consumidas en Europa, en América e en Australia, e moi importante na alimentación de poboacións de África, Asia Oriental e sueste asiático. A carne bovina é un tabú culinario nalgunhas culturas; o seu consumo está prohibido polo hinduísmo, relixión que reverencia os bovinos, e está desaconsellado polos budistas.
A carne muscular pode ser cortada en filetes, en pezas, esfiada ou moída. O sangue bovino tamén é utilizado nalgunhas das variedades de morcillas. Outras partes que se consomen son o rabo, a lingua, a tripa (do seu estómago), diversas glándulas, como o páncreas, o timo, agás do corazón e do cerebro (prohibido onde existe o risco da encefalopatia esponxiforme bovina, a popular 'doenza da vaca-louca'), o fígado, os riles e os testículos do touro (carne especialmente suave, coñecida nos Estados Unidos de América como "ostras das Montañas Rochosas" ou "ostras da pradaría"), e até mesmo os intestinos e os ubres. Os ósos bovinos son aproveitados pola medula espiñal e como caldo.
Os Estados Unidos, o Brasil, o Xapón e a China son os catro maiores consumidores de carne bovina. Departamento de Agricultura dos Estados Unidos da América (PDF) Os maiores exportadores de carne bovina son Australia, o Brasil, a Arxentina e o Canadá. Departamento de Agricultura dos Estados Unidos de América A produción de carne tamén é importante para a economía do Uruguai, Nicaragua, Rusia e México.
Notas
Categoría:Alimentos de orixe animal Categoría:Bovinos