Barón Divavesi Waqa (pronunciación: /bæˈrɒn dɪvəveɪˈsiː wɑːˈkɑː/), nado en Boe o 31 de decembro de 1959, é un político nauruano, presidente do seu país dende o 11 de xuño de 2013 ata o 27 de agosto de 2019.
Anteriormente ocupou o cargo de Ministro de Educación de 2004 a 2007.
Traxectoria política Foi elixido como membro do Parlamento de Nauru nas eleccións de maio de 2003 representando a circunscrición electoral de Boe. Baixo o goberno de Ludwig Scotty ocupou o cargo de Ministro do Interior e de Educación durante pouco máis de dous meses ata que Scotty foi substituído por René Harris. Mantivo o seu escano no Parlamento.
O 23 de abril de 2004 Waqa e os seus compañeiros Kieren Keke, David Adeang e Fabian Ribauw participaron nunhas protestas no Aeroporto Internacional de Nauru en Yaren; trataban de mostrar o seu desacordo respecto ás política do goberno contra os solicitantes de asilo afgáns en Australia e contra a Flotilla da Esperanza, así como o estado de punto morto no que se atopaba o Parlamento. Os catro políticos enfrontáronse a cargos de até catorce anos en prisión debido á súa participación na protesta; aínda que finalmente os cargos foron retirados tras a volta de Scotty á presidencia o xuño seguinte. Scotty volveu nomear a Waqa Ministro de Educación.
Waqa ficou leal á súa administración durante a crise ministerial que ocorreu en 2007. Como consecuencia, non foi convidado a formar parte do seguinte goberno, encabezado por Marcus Stephen.
Waqa foi elixido presidente de Nauru en xuño de 2013 derrotando, ao anteriormente Ministro de Economía e candidato de oposición, Roland Kun por 13 votos a 5.
En xaneiro de 2014 superou unha moción de censura, presentada despois de que Peter Law, australiano e único maxistrado residente no país, fose deportado, e de que o xuíz supremo, tamén australiano, Geoffrey Eames, vise como lle retiraban a visa tras intentar anular a deportación de Law. O goberno tamén intentou redactar unha lei sobre o estado de emerxencia coa axuda de avogados de Fiji. Despois da destitución da avogada parlamentaria Katy Le Roy e da posterior dimisión do fiscal xeral Steven Bliim, ambos australianos. A ministra do Interior, Charmaine Scotty, dixo que este era sintomático dun "sistema de enchufismo" operado por expatriados australianos que segundo el estaban aliados coa oposición.
Nas eleccións parlamentarias de Nauru de 2019 celebradas o 24 de agosto, perdeu o seu escano no Parlamento polo que tamén perdeu as opcións de ser reelixido como presidente. Dous días despois, Lionel Aingimea foi elixido como o seu sucesor na presidencia.
Vida persoal Está casado con Louisa Waqa.
Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Nauru Categoría:Presidentes de Nauru