María da Alba Nogueira López, nada en Toba (Cee) o 7 de agosto de 1968, é unha xurista galega, catedrática de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2012Membros da RAG.
Traxectoria Filla de Camilo Nogueira e Paz López Facal, licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991. Ampliou estudos na Universidade Católica de Lovaina (1992-1993) realizando un Mestrado en Dereito Internacional e Europeo e doutorouse en 1997. Especialista en Dereito Ambiental, intervención administrativa na economía e dereitos lingüísticos é membro dende 2009 da Comisión de Lingua e Comunicación do Consello da Cultura Galega e forma parte do consello científico da revista catalá Llengua i Dret, da Revista Vasca de Administración Pública e da Revista Catalana de Dret Ambiental. É coordinadora da Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social (Armela).
Actividade política
Como estudante participou nos Comités Abertos de Faculdade e foi representante no Consello de Goberno da USC. Foi membro da Comisión Xurídica de Nunca Máis e milita en Adega. Contribuíu a organizar ANPAS Galegas e a Federación de Anpas de Compostela. Participou na Mesa Sectorial de Universidades en representación da CIG.
Sen militancia política na actualidade, no pasado colaborou co PSG-Esquerda Galega, Bloque Nacionalista Galego e con En Marea. En 2013 entrou no Consello Nacional do BNG.
Obra Estatuto xurídico da lingua galega. Xerais, 2005 (con Antonio X. Ferreira, Anxo Tato e Luís Villares) An Alternative Economic Governance for the European Union. Centre Maurits Coppieters, Bruxelas, 2013 (con Alberto Turnes e Xavier Vence) Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica. Universidade de Vigo, 2014 Crisis, derechos sociales e igualdad (dir.), Tirant lo Blanch, 2015. La termita Bolkestein. Mercado único vs. derechos ciudadanos (dir.), Civitas, 2012. Shaping language rights: Commentary on the European Charter for Regional or Minority Languages in light of the Committee of Experts' evaluation (ed.), Council of Europe, 2012 Evaluación de impacto ambiental. Evolución normativo-jurisprudencial, cuestiones procedimentales y aplicación sectorial (dir.), Atelier, Barcelona, 2009. Titularidad, competencias y fiscalidad de las aguas minerales y termales. Marco comunitario de protección ambiental (dir.), Ed. Aranzadi, 2009. Régimen jurídico de la selección del profesorado universitario, Atelier, Barcelona, 2004. Ecoauditorías. intervención pública ambiental y autocontrol empresarial, Marcial Pons, 2000. Participación cidadán e lexislación comunitaria ambiental, Escola Galega de Administración Pública, 1997.
Recoñecementos En 2011, recibiu o Premio Lois Peña Novo, que valoran o compromiso social coa lingua galega.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Rede Armela
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Cee Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes