Luis Eleizalde Brenosa, máis coñecido como Koldo Eleizalde, nado en Bergara o  9 de xuño de 1878 e finado en Bilbao o 24 de xullo de 1923, foi un escritor en lingua vasca e castelá, político, educador e académico vasco.

Traxectoria Estudou cos dominicos en Bergara e cos xesuítas en Zaragoza, comezando ciencias na Universidade de Zaragoza e licenciouse en 1899 en Madrid. Volveu a Euskadi e alí organizou escolas de barrio, logo logrou unha cátedra de matemáticas no Instituto de Vitoria-Gasteiz e despois foi inspector de educación primaria.

En 1907 comezou a colaborar na Revista Internacional de Estudios Vascos, non obstante en 1908 por mor de desacordos ideolóxicos co seu fundador Julio Urquijo abandonou esa colaboración Estornés Lasa, Bernardo. "Eleizalde Brenosa, Luis de". Enciclopedia Auñamendi. Procedente ideoloxicamente do carlismo, ao igual ca Urquijo, evolucionara durante a súa etapa como estudante influenciado por Sabino Arana cara ao nacionalismo vasco.

E dentro do nacionalismo vasco de principios de século Eleizalde tivo un papel destacado como ideólogo Santiago de Pablo, José Luis de la Granja, Coro Rubio Pobes (2011) Breve historia de Euskadi: De los fueros a la autonomía Random House. Colaborou en Patria e dirixiu a revista nacionalista Euskadi en Bilbao a partir de 1912. Dentro do PNV, Eleizalde defendeu posturas moderadas, tendendo cara a un nacionalismo posibilista, non separatistaEleizalde y Breñosa, Koldo de, Bergarako Udala. En 1919 foi candidato do PNV nas eleccións xerais por Álava. En 1921 cando o PNV se escindiu en dúas fraccións, Eleizalde, integrou a maioritaria e moderada Comuñón Nacionalista Vasca Iñaki Egaña (1996) Diccionario histórico-político de Euskal Herria, Txalaparta, p. 63.

Escribiu libros e artigos sobre a lingua vasca,  La lucha por el propio idioma (1919), Morfología de conjugación vasca sintética (1913), Listas de alfabéticas Voces toponomásticas vascas (Revista Internacional de Estudos vascos, a partir de 1922). Tamén publicou unha novela, Landibar (1918), Razas, lengua y nación vasca (1914), El problema de la enseñanza en el País Vasco (1919, Congreso de estudos vascos), e algunhas traducións en éuscaro como Gurutza Deunaren bidea (Kempis), Halidon Murua (Halidon Hill), tamén escribiu poemas orixinais en éuscaro.

So a dirección de  Eleizalde, a Sociedade de Estudos Vascos realizou dende o primeiro momento investigacións sobre a toponimia e antroponimia .

Euskaltzaindia Elizalde participou na constitución da Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca, durante a primavera e o verán de 1919, as deputacións provinciais comunicáronlle á Sociedade de Estudos Vascos a  aprobación do proxecto de regulamento dunha academia vasca. A reunión para a constitución da Euskaltzaindia foi o 21 de setembro de 1919 no Palacio da Deputación Provincial de Guipúscoa, sede de Eusko Ikaskuntza, asistiron Resurrección María de Azkue, Arturo Campión, Eleizalde e Julio Urquijo, como académicos de pleno dereito nomeados polo Congreso de Estudos Vascos, así como oito compromisarios incluíndo a Jean-Blaise Adema, como representantes das revistas e sociedades que apoiaron o nacemento da Academia: Txomin Agirre, Pierre Broussain, Ramón Intzagarai, José Agerre, Juan Bautista Eguzkitza, Raimundo Olabide e Pierre Lhande .Euskaltzaindia, 1919: historia de un nacimiento

Obra Notas acerca del léxico y de las flexiones simples del P. Mendiburu en su obra "Otoitz-gayak" , 1907. Raza, lengua y nación vascas, 1911. Morfología de la conjugación vasca sintética, 1913. Listas alfabéticas de voces toponomásticas vascas, 1913. Países y razas, 1914. Gurutza deunaren bidea, Amorebietan. 1917 Libro electrónico Gurutza Deunaren Bidea / Porto-Mauricio'tar Lonarta deunak idatzi ebanaren lez ; euzkeraldu dau, bizkayeraz, Elizalde'tar Koldobika'k.. Metodología para la restauración del euzkera, 1918. Landibar (novela en castelán), 1918. El problema de la enseñanza en el País Vasco, 1918. Euskal-zenbakistia. Euskeraz irakurtzeko irakaspidea. La lucha por el idioma propio, conferencia de Luis Eleizalde, Bilbao, Bilbaína de Artes Gráficas Juan J. Rochelt, 1919.

Libros relixiosos Otoyak euzkeraz : (bizkai-eraz) euzkeraldu dauz Eleizalde'tar Koldobika'k Libro electrónico Otoyak euzkeraz : (bizkai-eraz) euzkeraldu dauz Eleizalde'tar Koldobika'k, 1908, Elexpuru, Bilbao

Traducións Halidon Murua; Walter Scott, 1912, Euskadi.

Notas

Categoría:Finados en 1923 Categoría:Nados en 1878 Categoría:Políticos do PNV Categoría:Nados en Bergara Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Tradutores ao éuscaro Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Académicos da Euskaltzaindia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza