Ana Fabiola López, nada en Fuengirola (provincia de Málaga) en 1987, é unha cantautora andaluza, máis coñecida como Anni B Sweet. Escribe as súas letras principalmente en inglés (estudou nun colexio británico) e o seu estilo, suave e melancólico, bebe de influencias da música acústica, o folk e o pop indie. Forma parte da corrente de cantautoras folk que se deu en España entre 2008 e 2009 canda a Russian Red, Alondra Bentley, La Bien Querida ou Zahara.

Traxectoria Comezou a compoñer cancións con nove anos. Empezou a estudar Arqutectura en Madrid, e en 2008 comezou a dar concertos en pequenos clubs da capital. Gravou a súa primeira maqueta con Javier Doria (The Melocotons) e Brian Hunt, e conseguiu gañar o concurso de maquetas da revista Mondosonoro.

Fichou polo selo Subterfuge Records e comezou a realizar concertos por toda España. O 28 de abril de 2009 editou o seu primeiro disco, Start, Restart, Undo. O 10 de decembro de 2009 publicouse unha edición especial do disco, cunha versión da canción "Take on me" do grupo "A-ha", utilizada nun anuncio de McDonalds en España.

Tocou en festivais como o Festival Internacional de Benicàssim, SOS '10 ou o Contempopránea, e en países como Francia, Arxentina ou Inglaterra. O 3 de xaneiro de 2011 publicouse o seu disco en Francia, e o 12 dese mes comezou a tocar por Europa no Eurosonic Festival dos Países Baixos, e posteriormente visitou lugares como México, Alemaña, Suíza e o Xapón.

O 24 de abril de 2012 editouse Oh, Monsters!, do que xa tocara algúns temas en directo. O 19 de marzo de 2013 publicouse o EP Ridiculous Games, que incluía unha versión de "Religión" de Lori Meyers. Chasing Illusions, o seu terceiro álbum de estudio, editouse o 13 de marzo de 2015.

Discografía dereita|miniatura|Anni B Sweet no Centro Cultural Carril del Conde, Madrid.

Álbums de estudio Start, Restart, Undo (Subterfuge, 28/04/2009) Oh, Monsters! (Subterfuge, 24/04/2012) Chasing Illusions (Subterfuge, 13/03/2015) Universo por estrenar (2019)

EPs Ridiculous Games (2013)

Colaboracións "2 Monkeys" (Nelue) "Poli" (Zoé) "All of the moments" (Nelue) "Save It For The Moonlight" (Cesar&Parker) "Se dejaba llevar" (Sidonie) "No puedo vivir sin ti" (Coque Malla) "Y ver llover" (Delacruz) "Déjame" (Los Secretos)

Notas

Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados na provincia de Málaga Categoría:Nados en 1987