miniatura|upright=1.15|Anne, Emily e Charlotte Brontë, polo seu irmán Branwell (c. 1834). Pintouse tamén entre as súas irmás, máis despois borrou a súa imaxe para non barullar o cadro. miniatura|Autorretrato de Branwell Brontë, 1840 A familia Brontë ([ˈ|b|r|ɒ|n|t|i], comunmente {[-|t|eɪ]) foi unha familia literaria do século XIX asociado coa localidade de Haworth en West Riding of Yorkshire, Inglaterra. As irmás, Charlotte (1816–1855), Emily (1818–1848) e Anne (1820–1849), son célebres poetas e novelistas. Como moitas escritoras contemporáneas, publicaron inicialmente as súas obras con pseudónimos masculinos: Currer, Ellis e Acton Bell. As súas historias atraeron atención inmediata pola súa paixón e orixinalidade. Jane Eyre, de Charlotte foi a primeira que coñeceu o éxito, mentres que Cumes Torboentos, de Emily, e The Tenant of Wildfell Hall, de Anne, foron aceptadas máis tarde como obras mestras da literatura.

As tres irmás e o seu irmán, Branwell (1817–1848), sentíanse moi próximos, e durante a súa infancia desenvolveron a súa imaxinación, primeiro a través de relatos orais e obras de teatro nun intricado mundo imaxinario, e logo a través da súa escritura colaborativa de historias cada vez máis complexas.

As mortes, primeiro da súa nai, e logo das dúas irmás máis vellas, marcaron a familia profundamente e influíron na súa escritura, como tamén fixo o illamento relativo en que creceron.

A súa casa en Haworth, Yorkshire, converida no Brontë Parsonage Museum, é un lugar de peregrinación para centos de miles de visitantes cada ano.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Brontë Parsonage Museum in Haworth The Brontës Russian web site about the Brontë Sisters

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra