Os malaiala (en malaiala: മലയാളി e കേരളീയൻ) son un grupo étnico da India orixinario do actual estado de Kerala, que se atopa no sur do país. Falan a lingua malaiala, que está clasificada como parte da familia lingüística dravídica.

Segundo o censo da India de 2011, hai arredor de 33 millóns de malaialas en Kerala,, censusindia.net o cal supón o 96,7% da poboación total do estado. Tamén existen minorías malaiala no estado veciño de Tamil Nadu, e en áreas metropolitanas da India. Por mor da emigración, ó longo do século XX xurdiron comunidades malaiala nos países do golfo Pérsico, incluíndo os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Omán, Qatar e Kuwait, e en menor grao, noutros países como os Estados Unidos de América, o Reino Unido, Australia e o Canadá. No ano 2013, estimouse que 1,6 millóns de malaialas vivían fóra da India en todo o mundo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos da India