María Obelleiro Hermida, nada en Arcade (Soutomaior) o 4 de abril de 1985, é unha xornalista galega e docente galega. Foi directora de Sermos Galiza e dende xaneiro de 2020 ata agosto de 2024 dirixiu Nós Diario“Nós Diario nace xa hoxe como terceiro xornal en papel de Galiza en número de subscricións”, entrevista en Praza Pública, 2 de xaneiro de 2020..
Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (especialidade de xornalismo audiovisual), cursou o Mestrado Universitario de Protocolo na Universidade de Barcelona e o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Tamén conta co Grao en Educación Primaria.
Especialista en Xornalismo en igualdade, foi a directora de Nós Diario desde a súa posta en marcha, en xaneiro de 2020. Previamente, 2017 dirixiu o semanario en papel Sermos Galiza e desde febreiro de 2019 estivo tamén á fronte da edición dixital, www.sermosgaliza.gal .
Empezou a súa traxectoria como xornalista en A Nosa Terra. Colaborou no desaparecido Correo Televisión, nos faladoiros de actualidade política de Radio Galega e no portal Tribuna Catalana, así como no diario euskaldún Berria e no dixital catalán Vilaweb. Precisamente, cos directores de Berria, Martxelo Otamendi, e de Vilaweb, Vicent Partal, participou nas cartas cruzadas "Galeusca de Direccións".
Participou na redacción dos Informes de Literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Participou en 2018 no foro Las mujeres que opinan son peligrosas.
En agosto de 2024 anunciou que deixaba o xornalismo para impartir clases no ensino público galego, tras aprobar as oposicións. Substituíuna na dirección do xornal o político e xornalista Alberte Mera. A súa vinculación con Nós Diario continúa, pois sitúase á fronte da Dirección Editorial de Sermos Galiza S. A., sendo parte do seu consello de administración.
Obra
Obra colectiva
"Das láminas de 'vellos' a un pensamento de Nós", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
Recoñecemento Gañou o Premio de xornalismo Johán Carballeira en 2016-2017, cunha reportaxe titulada O aparheid sanitario na Galiza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Obelleiro.
Categoría:Xornalistas de Soutomaior Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Nados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria