María Teresa López Fernández, nada na Coruña en 1964,La Voz de Galicia, 23-3-2007, p. L9 é unha filóloga e profesora galega.

Traxectoria miniatura|300px|Teresa López, Rosario Álvarez, Víctor Freixanes, Juan Luis Saco Cid e Antón Santamarina no IES Otero Pedrayo de Ourense. Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. É profesora da Universidade da Coruña dende 1991 e titular da área de Filoloxía galega e portuguesa. Foi decana da Facultade de Filoloxía da UDC (2005-2013). O 4 de xullo de 2025 foi nomeada catedrática da área de coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Letras, da propia UDC. Fixo edicións críticas de obras de Manuel Lugrís Freire e Fermín Bouza Brey. Obras Névoas de antano: Ecos dos cancioneiros galego-portugueses no século XIX, 1991. O neotrobadorismo, 1997. Os trobadores da terra de Betanzos (2023). Con Leticia Eirín e Manuel Ferreiro. Biblos. ISBN 978-84-15086-55-0.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Universidade da Coruña

Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña