O rastrexo,Rastrexo é o termo preferido no Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) do Servizo de Normalización Lingüística da USC, que tamén dá rastreamento e rastrexamento como variantes e detección como sinónimo. tamén denominado rastreamento, rastrexamento ou detección, ou aínda o anglicismo screening, en epidemioloxía é unha estratexia aplicada sobre unha poboación para detectar unha doenza en individuos sen sinais ou síntomas da dita doenza.

Obxectivo A intención do rastrexo é identificar doenzas de maneira temperá dentro dunha comunidade. Isto permite a rápida xestión e intervención coa esperanza de que se reduzan os efectos (dor, falecemento) provocados pola doenza.

Criterios de Frame e Carlson Para que unha determinada medida preventiva sexa denominada como rastrexo debe cumprir cos criterios de Frame e Carlson:

que a doenza buscada sexa unha causa común de morbimortalidade (enfermidade prevalente); que sexa detectable en etapa presintomática; as probas diagnósticas deben ser efectivas e eficaces (sensibilidade e especificidad aceptables); o tratamento cedo debe ser mellor que na etapa sintomática; e o dano potencial da intervención debe ser menor que no tratamento non precoz.

Críticas Os rastrexos non diminúen a incerteza clínica, non son inocuos para a saúde da poboación, e levan un custo económico a considerar.

Notas

Categoría:Probas médicas Categoría:Termos médicos