Elaine Murphy é unha dramaturga irlandesa vinculada ao Abbey Theatre e actriz.
Traxectoria Murphy empeza a escribir para escena logo dunha experiencia inicial como actriz de teatro e televisión, por iso as súas pezas procuran crear papeis relevantes para as actrices. A súa primeira obra teatral, Little Gem, estreouse no Dublin Fringe Festival en 2018, acadou un éxito inmediato, foi galardoada con diversos premios e representada por diversas compañías. Trátase dunha comedia protagonizada por tres xeracións de mulleres que falan sobre as súas vidas, os seus desexos e a súa sexualidade. Segundo a autora, a obra xorde do contacto coas mulleres irlandesas: Eu traballo a tempo parcial nunha organización de saúde para a mulleres. Meu Ben creceu a partir de aí, é unha mestura de todas as mulleres que coñecín nos últimos anos: traballadoras, non particularmente ricas nin pobres, ignoradas durante o Tigre Celta, para as que a recesión non suporá un gran cambio, xa sabes, as mulleres coma nós, seguimos tirando para diante.Escribiu varias obras para o Abbey Theatre. A primeira delas, Ribbons, foi un encargo para The Fairer Sex, un programa de pezas breves para promover a aparición de novas dramaturgas. En 2018, despois dun tempo de pausa por razóns familiares (o nacemento dos fillos e a morte da nai) acada o premio PJ O'Connor de teatro radiofónico con Ma, a historia dunha nai alcoólica que se reencontra coa súa filla. A historia parte dunha nova no xornal sobre unha muller xaponesa marcada polas adiccións e a soidade.
Obra dramática
Shush, dirixida por Jim Cullenton. Estrea en 2013 no Abbey Theatre, en Berlín. Publicado en libro por Nick Ern Books en 2013. Ribbons, dirixida por Wayne Jordan. Estrea en 2009 no Peacock Stage do Abbey Theatre, en Berlín. Publicado en libro por Nick Ern Books en 2012. Little Gem, dirixida por Paul Meade. Estrea en 2008 por Gúna Nua and Civic Theatre, en Berlín. Publicado en libro por Nick Ern Books en 2009. Ma, dirixida por Gorretti Slavin; son de Ciaran Dunne. Emisión no programa "Drama On One" da RTÉ.
Premios Fishamble New Writing Award (2009) por Little Gem. BBC Radio Drama Award de Stewart Parker Trust (2008). Carol Tambor Best of Edinburg Award (2009) por Little Gem. É a primeira produción irlandesa que acada esta distinción. PJ O'Connor Radio Drama Awards (2018) por Ma. Premio de teatro radiofónico da RTÉ.
Adaptacións ao galego Adaptación de Little Gem co título Meu ben, por Avelino González e Olga F. Nogueira. Estreada no Pazo da Cultura de Narón en 2014 pola compañía Eme2. Dirección de Álvaro Lavín.
Vida persoal Casou en 2011 co músico e actor Gavin McCaffrey.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ma, emisión da obra en RTÉ. Ficha do espectáculo "Meu ben" , no portal web de em2. Conversa con Elaine Murphy en "The Civic Sessions" , The Abbey Theatre.
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Nados en Irlanda Categoría:Nados en ano descoñecido