As aventuras de Robin Hood (en ) é un filme estadounidense de 1938 de Warner Bros., producido por Hal B. Wallis e Henry Blanke, dirixido por Michael Curtiz e William Keighley, e protagonizado por Errol Flynn, Olivia de Havilland, Basil Rathbone e Claude Rains. Escrito por Norman Reilly Raine e Seton I. Miller, conta a historia de Robin Hood, un cabaleiro saxón que en ausencia do rei Ricardo, que está en Terra Santa nas Cruzadas, loita contra o príncipe Xoán e os seus opresores señores normandos.
As aventuras de Robin Hood foi aclamado pola crítica dende a súa estrea. En 1995, foi considerado "cultural, histórica ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, e foi escollido para a súa preservación no National Film Registry.
Estreouse en galego o 17 de marzo de 1991 a través da TVG.
Personaxes Errol Flynn como Sir Robin de Locksley / Robin Hood Olivia de Havilland como Lady Marian Fitzwalter Basil Rathbone como Sir Guy de Gisbourne Claude Rains como Príncipe Xoán Patric Knowles como Will à Gamwell / Will Scarlett Eugene Pallette como Friar Tuck Alan Hale, Sr. como John Little / Little John Herbert Mundin como Much Melville Cooper como Sheriff de Nottingham Una O'Connor como Bess Ian Hunter como rei Ricardo Montagu Love como bispo Harry Cording como Dickon Malbete Ivan F. Simpson como dono da taberna Leonard Willey como Sir Essex Robert Noble como Sir Ralf Kenneth Hunter como Sir Mortimer Robert Warwick como Sir Geoffrey Colin Kenny como Sir Baldwin Lester Matthews como Sir Ivor
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1938 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Curtiz Categoría:Filmes dirixidos por William Keighley Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a realeza Categoría:Filmes de Robin Hood Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1938 con versión en galego