Antonio Gandoy Díaz, nado en Sanfiz de Muxa, Lugo o 7 de xullo de 1930 e finado o 11 de febreiro de 2002, foi un crego galego coñecido polo alcume do "cura da bibicleta" e polo seu labor social.
Traxectoria En 1942, ingresou na antiga Escola de Traballo para estudar carpintería coma seu pai e comezou a traballar como carpinteiro na construción onde coñeceu de primeira man as condicións laborais dos obreiros. En 1947, fundou xunto cun grupo de mozos a JOAC (Juventud Obrera de Acción Católica) en Lugo e, en 1950, ingresou no Seminario. En 1956, xunto con outros mozos creou no Seminario o grupo "Jesús Obrero", que tiña como obxectivo coñecer a situación do mundo obreiro.
En 1961, foi ordenado sacerdote e destinado como axudante á parroquia de San Francisco Javier de Lugo, encargándose da parroquia anexa de Sanfiz de Muxa e, en 1962, recibiu o encargo de atender a JOC.
En 1974, foi elixido Secretario da Acción Rexional das Cáritas de Galicia dende onde levou a cabo accións de rehabilitación de alcohólicos, atención a persoas da terceira idade, inmigrantes e dende onde impulsou a creación de Preescolar na Casa. A partir de 1986 foi nomeado polo Bispo de Lugo delegado en Cáritas Diocesana de Lugo, que compaxinou coa coordinación de Preescolar na Casa.
Preescolar na casa Tamén foi coñecido por se-lo impulsor do programa educativo Preescolar na Casa en 1977. Foi un programa promovido por Cáritas de Galicia que pretendía apoiar ás familias do rural para que fomentaran as capacidades dos seus fillos a través da educación.
Despois de 35 anos funcionando, en 2012, a Xunta de Galicia retiroulle tódalas axudas ao programa educativo e negouse a mantelo afirmando que estaba obsoleto. Perdéronse 32 postos de traballo e quedaron sen atención máis de 3.000 familias en toda Galiza.
En febreiro de 2013, un feixe de antigos traballadores crearon a Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy co fin de mante-lo seu legado. Así, recuperaron a marca Preescolar na casa, que conseguiron en poxa pública, e continuaron co servizo.
Premios e recoñecementos Antonio Gandoy recibiu varios premios e homenaxes:
Lucense do ano (1990) Cruz de Prata da Solidariedade Social (1995) "Infancine-94" pola súa traxectoria con Preescolar na casa (1994) Premio "Moncho Valcárcel"(1995) Premio "Infancia" Premio Iniciativas Culturales Premio "Lobo de Cinema" Premio Irmandade do Libro
O Concello de Lugo puxo seu nome a un Centro Social e a unha praza, na que, por iniciativa popular e con achegas económicas dos veciños da cidade, colocouse, en xullo de 2004, unha estatua homenaxe realizada por Juan Puchades Quilis na que se representa a súa imaxe: “O cura da bicicleta”. Na placa conmemorativa indícase:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Preescolar na Casa Acción Católica Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy
Ligazóns externas Asociación socio-educativa Antonio Gandoy
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 2002 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia