Johnny colleu o seu fusil (en ) é un filme estadounidense antibélico escrito e dirixido por Dalton Trumbo e protagonizado por Timothy Bottoms, Kathy Fields, Marsha Hunt, Jason Robards, Donald Sutherland e Diane Varsi. Baséase na novela homónima de Trumbo.

Aínda que tivo certo éxito no tempo da súa estrea, foi esquecido pouco despois polo gran público. A pesar de que se coñece que Jimmy Carter esixiu aos membros do seu goberno que visen o filme pouco despois da súa elección como gobernador de Xeorxia en 1971, o filme fíxose máis popular cando foi incluído no vídeo da canción "One", de Metallica, que acabou por converter Johnny colleu o seu fusil nun filme de culto. Os membros de Metallica compraron os dereitos do filme para poder seguir mostrando o videoclip sen pagar royalties adicionais.

Foi emitido na TVG o 24 de marzo de 2018.Programación, consultado o 24-3-2018

Argumento Joe Bonham (Timothy Bottoms), un soldado estadounidense novo ferido por un proxectil durante a primeira guerra mundial, xace na cama dun hospital. É un amputado cuádruplo que tamén perdeu os seus ollos, orellas, boca e nariz. Permanece consciente e capaz de razoar, mais as súas feridas fano prisioneiro no seu propio corpo. Mentres deriva entre a realidade e a fantasía, lembra a súa vida pasada coa súa familia e a súa moza (Kathy Fields). Tamén establece un vínculo cunha enfermeira nova (Diane Varsi) que nota a súa situación.

Joe intenta comunicarse cos méditos mediante o código Morse movendo a súa cabeza dicindo "help" ("axuda"). Desexa que o exército dos Estados Unidos o coloque nun cadaleito de cristal nun espectáculo de monstros (freak show) para mostrar os horrores da guerra. Cando se lle di que o seu desexo é imposible, responde pedindo a eutanasia, repetindo "kill me" ("mátenme").

Finalmente dáse de conta de que o exército non pode levar a cabo o seu desexo e que o deixará no estado de morte vivente. A súa enfermeira intenta practicarlle a eutanasia atoando o seu tubo respiratorio, pero o supervisor páraa antes de que Joe faleza. Joe entende que nunca sairá da súa trampa e déixano só repetindo "SOS Help me" ("SOS, axúdenme").

Elenco Timothy Bottoms como Joe Bonham Kathy Fields como Kareen Marsha Hunt como a nai de Joe Jason Robards como o pai de Joe Donald Sutherland como Cristo David Soul como soldado Anthony Geary como soldado Charles McGraw como Mike Burkeman Sandy Brown Wyeth como Lucky Don 'Red' Barry como Jody Simmons (acreditado como Donald Barry) Diane Varsi como enfermeira #4

Produción O filme distingue entre a realidade de Joe e a fantasía con branco e negro para o hospital e cor para os seus soños e lembranzas. Os seus soños están inducidos polas drogas, como cando fala co seu pai morto e Xesús Cristo, coa cor saturada. Os seus recordos son nunha cor máis clara, como na viaxe de pesca e a súa última noite con Kareen. As feridas de Joe nunca se ven nas escenas do hospital: a súa cara está cuberta cunha máscara e o seu corpo por sabas.

Notas

Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial Categoría:Filmes sobre a eutanasia Categoría:Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego