O Premio Rosalía de Castro de Lingua recoñece o traballo de persoas ou entidades que contribúen á normalización lingüística da lingua galega. Está convocado pola Deputación da Coruña e o seu nome honra a memoria de Rosalía de Castro.

Galardoadas/os

2010 (I)

Blogaliza

2011 (II)

A Mesa pola Normalización Lingüística

2012 (III)

Pedro Benavente

2013 (IV)

Regueifeiros de Bergantiños

2014 (V)

Fundación Eduardo Pondal

2015 (VI)

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

2016 (VII)

Xabier P. DoCampo, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega Correlingua e Escola de Ensino Galego Semente ex aequo, Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade

2017(VIII)

Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega Proxecto Apego, Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade

2018 (IX)

Galipedia, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega Pirilampo, Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade

2019 (X)

Gciencia, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega 21 Días co Galego, Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade

2020 (XI)

Nós TV, Colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega Club de Debate, Proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menores de idade, infancia e mocidade

2021 (XII)

Xaquín Marín: categoría de persoas que destacan na promoción da lingua por, segundo o xurado, "o compromiso continuado, o alcance social do seu traballo e por facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación nos que a presenza do galego era residual" Agrupación Astronomía Ío: categoría de entidades, "por impulsar a lingua galega nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe no noso idioma". Twitter en galego: categoría de proxecto de dinamización lingüística. Promovido por Carlos García Vieito, por "o proceso de tradución para configurar esta plataforma social na nosa lingua fornece un referente nas redes sociais para o público xeral e para a mocidade en particular".

2022 (XIII)

María Canosa: categoría de persoas. 0 xurado valorou «o seu compromiso firme coa lingua e longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos». AELG: Categoría de entidades. Brazolinda: Iiniciativas de dinamización para menores de idade.

2023 (XIV) Pakolas. Rock infantil e familiar en galego na categoría iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade. Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego, ex aequo, na categoría de entidades. O técnico de normalización lingüística Daniel Romero na categoría de persoas.

2024 (XV)

Na categoría de persoas que destacan na promoción da lingua galega, a sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro. Na categoría de entidades destacadas no fomento do galego, a asociación Nova Escola Galega. Na categoría de proxectos de dinamización lingüística dirixidos á infancia ou mocidade, o proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña "Aquí tamén se fala" 2025 (XVI)

Xosé Ramón Freixeiro Mato na categoría de persoas "por ser un dos máis recoñecidos especialistas da lingua galega a nivel nacional e internacional" e "unha figura incuestionábel na defensa, estudo e promoción social do idioma". A asociación Ponte... nas ondas! na categoría de entidades. Na de iniciativas pola dinamización os proxectos CeibaRimas e Galego para peques.

miniatura|175px|Rosalía de Castro. 2026 (XVII)

Carlos Callón: Na categoría de persoa que máis destaca na promoción da lingua galega. O xurado valorou especialmente o seu labor como «activista referencial en defensa dos dereitos lingüísticos», así como a dimensión do seu traballo no ámbito do libro galego e da divulgación arredor da lingua. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL): Na categoría de entidade que máis destaca na promoción do galego. O xurado recoñeceu a súa «traxectoria consolidada de trinta anos» e o seu papel como entidade referente «no desenvolvemento, coordinación e racionalización das políticas e accións de normalización lingüística en Galicia». O premio ao mellor proxecto de dinamización lingüística dirixido á infancia e á mocidade foi concedido ex aequo a A Gramola Gominola e Vitamina G. No caso da Gramola Gominola, o xurado destacou o «compromiso firme co uso e defensa públicos da lingua galega» e unha traxectoria de máis de dez anos dirixida ao público infantil e familiar a través da música, dos contidos audiovisuais e dos libro-discos acompañados de materiais didácticos. Sobre Vitamina G, promovido pola profesora Mariña Lema, salientouse a orixe da iniciativa, nun centro educativo dun barrio coruñés cun contexto altamente desgaleguizado e con alumnado procedente de diferentes realidades lingüísticas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Premio

Rosalía de Castro Categoría:Rosalía de Castro Categoría:Deputación da Coruña