Tom Belsø, nado en Copenhague o 27 de agosto de 1942 e finado o 11 de xaneiro de 2020, foi un piloto de carreiras dinamarqués, o primeiro piloto de Fórmula 1 do seu país.

Traxectoria Empezou nas carreiras de automóbiles de turismo, pero converteuse en piloto de Fórmula Dous en 1972, sendo o seu mellor resultado un cuarto lugar no Albi Grand Prix, finalizando 17º no Campionato de Europa de Fórmula 2 de 1972. En 1973 correu nun Lola na Fórmula 5000. Tamén participou nunhas carreiras fora do campionato de Fórmula Un, finalizando sétimo na Carreira de Campións de 1973 e oitavo no BRDC International Trophy de 1973 e retirouse no BRDC International Trophy de 1974 e na Carreira de Campións de 1975. Disputou o campionato de Europa Rothmans 5000 de 1974 vencendo en Snetterton e terminando na 8ª posición da serie. Tamén competiu na serie 1977 Shellsport 5000/Libre e rematou en quinto lugar nun T330-Chevrolet patrocinado por Radio Luxemburg.

Belsø clasificou un Fórmula 1 Iso-Marlboro para o equipo de Frank Williams Racing Cars no Gran Premio de Suecia de 1973, pero non puido comezar a carreira porque non chegou o diñeiro doseu patrocinador. En 1974, probou catro veces para clasificarse con Williams, pero só tivo éxito no Gran Premio de Suráfrica de 1974 e no Gran Premio de Suecia de 1974. En Suráfrica, o embrague do FW de Belsø fallou na primeira volta da carreira. En Suecia, terminou o seu único Gran Premio completo, en oitavo lugar.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro IR Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE‡ FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA NC 0 Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro FW Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0

‡ Belsø só participou na practica. Na carreira o coche pilotouno Howden Ganley.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile on F1 Rejects

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Dinamarca Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams