Obdulia Díaz, finada en 1985, foi unha muller ourensá coñecida polo seu labor asistencial no barrio da zona antiga de Ourense. Estímase que, ao longo de varias décadas, chegou a criar máis de douscentos nenos e nenas.
Traxectoria A chamada “Avoa Obdulia” vivía na zona antiga de Ourense e asistía os nenos do barrio, normalmente fillos de prostitutas, acolléndoos na súa casa, lavándoos e dándolles de comer. A señora Obdulia chegou a traballar de cociñeira para o gobernador en tempos da segunda república, pero tras quedar viúva e con tres fillos, o seu medio de vida era o oficio de lavandeira. Lavaba sabas por encargo na fonte das Burgas. alt=Torre do Baño. Escultura|miniatura|Torre do Baño, escultura de Manuel Penín na praza de Saco y Arce (Ourense). En xaneiro de 2011 foi inaugurada en Ourense unha estatua de Manuel Penín, titulada Torre do Baño, na praza de Saco y Arce, como homenaxe a esta figura silenciosa da historia local.
Notas
Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Ourense