Terra, tamén coñecido como EOS-AM 1, é un satélite artificial da NASA lanzado nun foguete Atlas IIAS desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 18 de decembro de 1999.

Características Terra é o satélite principal do programa EOS (Satélites de Observación Terrestre) da NASA. Foi lanzado para estudar a superficie, a atmosfera e os océanos terrestres. Leva a bordo cinco instrumentos principais:

ASTER (Advanced Spaceborne Thermal Emission and Reflection Radiometer): un radiómetro para estudar a emisión térmica do planeta. CERES (Clouds and the Earth's Radiant Energy System): mide a enerxía do proveniente e reflectida pola Terra. MISR (Multi-angle Imaging Spectro-Radiometer): unha cámara con espectrorradiómetro. MODIS (Moderate-resolution Imaging Spectroradiometer): unha cámara con espectrorradiómetro de maior resolución. MOPITT (Measurements of Pollution in the Troposphere): mide a contaminación na troposfera.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Atlas IIAS CALIPSO (satélite) Aura (satélite) PARASOL CloudSat Aqua (satélite)

Categoría:Satélites artificiais