Luis Sorela Carcaño, nado na Illa de León, en San Fernando (Cádiz), o 18 de xuño de 1784, e finado en Madrid , o 31 de outubro de 1847, foi un facendista e político español.

Traxectoria Era fillo de español e italiana; o apelido da súa nai era Calcagno. Estudou na Universidade de Sevilla e comezou posteriormente unha brillante carreira administrativa, posto que foi director das Bulas e Penas de Cámara e do Dereito do Rexistro, director xeral de Débeda Pública e presidente do Consello de Liquidación da Débeda do Estado.

Durante o Trienio liberal, ocupou o lugar de secretario de Estado e do despacho de Facenda, como interino entre os días 2 e 4 de marzo, de 1821, entre o 11 e o 24 de xaneiro de 1822, e entre o 30 de xaneiro a 28 de febreiro de 1822.

O 11 de outubro de 1817 casou con María Joaquina Mauri Salva, coa que tivo un fillo, Luis.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de ministros de Economía e Facenda de España

Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1847 Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en San Fernando