Otero de Bodas é un concello español da provincia de Zamora, en Castela e León. Tiña en 2017 unha poboación de 175 habitantes, agrupados na capital municipal e a pedanía de Val de Santa María.
Atópase na comarca de La Carballeda, a 31 km de Pobra de Seabra, 48 km de Benavente e 50 km de Zamora. No concello está El Muelo, un monte emblemático con vistas de toda a comarca.
Dos seus monumentos destacan a igrexa de Santiago, a ermida dos Mártires de Val de Santa María e a arquitectura tradicional. As súas festas celébranse na honra ao Apóstolo Santiago (25 de xullo) e San Isidro Labrador (15 de maio) e tamén a Festa das Mozas (31 de maio).
Véxase tamén
Ligazóns externas Asociación Cultural El Muelo
Categoría:Concellos da provincia de Zamora