Os livonios (en ) son un grupo étnico nativo do norte de Letonia e o suroeste de Estonia. Historicamente, os livonios falaban a lingua livonia, unha lingua urálica estreitamente relacionada co estoniano e o finés. A derradeira persoa que aprendeu e falou o livonio como lingua nai, Grizelda Kristiņa, morreu no ano 2013, convertendo o livonio nunha lingua morta.Tuisk, Tuuli: "Quantity in Livonian", Congressus XI. Internationalis Fenno-Ugristarum, Piliscsaba, Aug. 10, 2010. No ano 2010, existían arredor de 30 persoas que o aprenderon como segunda lingua.
Factores históricos, sociais e económicos, xunto coa dispersión da poboación étnica, resultaron no esmorecemento dos livonios, sobrevivindo só uns pequenos grupos no século XXI. En 2011, só 250 persoas declararon a súa identidade livonia en Letonia.
Historia Prehistoria A data exacta da migración dos livonios á rexión é obxecto de disputa. Segundo as fontes nativas, comezaron a habitar o seu territorio hai máis de 5000 anos. Por outra banda, sábese que as tribos finesas tiveron que desprazarse cara á costa polas migracións dos eslavos contra os séculos VI e VII.
Persoas destacadas Viktors Berthholds, un dos derradeiros falantes de livonio. Caupo de Turaida, xefe do pobo livonio a comezos do século XIII. Pētõr Damberg, lingüista, poeta e educador. Uļi Kīnkamäg, líder nacionalista. Grizelda Kristiņa, derradeira falante coñecida de livonio. Kōrli Stalte, mestre, cantor e activista cultural. Edgar Vaalgamaa, pastor luterano e tradutor.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Grupos étnicos de Europa
Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Letonia