António Bárbolo Alves, nado en Picote (Miranda do Douro) o 5 de decembro de 1964, é un mestre, estudoso e difusor da lingua mirandesa.
Traxectoria Licenciouse no ensino de portugués-francés pola Universidade do Minho, onde presentou unha tese de mestrado sobre a lingua mirandesa. En 2002, doutorouse pola Universidade de Tolosa. É profesor no ensino secundario. Asumiu varios cargos de xestión e representación, sendo na actualidade tamén director do Centro de Estudos António Maria Mourinho, presidente da dirección da FRAUGA (Asociación para o Desenvolvemento Integrado de Picote) e secretario territorial para Portugal da Asociación Internacional pola Defensa das Linguas e das Culturas Ameazadas (AIDLCM).
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no distrito de Braganza Categoría:Lingua mirandesa Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores Categoría:Alumnos da Universidade do Miño