STS-51-G foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 17 de xuño de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-51-G, con sete astronautas a bordo (Daniel Brandenstein, John Creighton, Shannon Lucid, John Fabian, Steven Nagel, Patrick Baudry, de Francia, e o príncipe Salman Al-Saud, o primeiro astronauta saudita), foi posta en órbita para lanzar os satélites Morelos, Arabsat 1B e Telstar 3D. A tripulación tamén fixo varios experimentos a bordo e liberou e recuperou a plataforma astronómica SPARTAN 1. Entre os esperimentos a bordo atopábanse ADSF, HPTE, OEX, FEE e FPE.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 24 de xuño de 1985.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS