Jean Shinoda Bolen, nada en 1936, é unha doutora, psiquiatra e psicóloga analítica junguiana estadounidense, amais de escritora e divulgadora. Extrae fontes de experiencia da espiritualidade"Entering the Crone Age", entrevista de Wendy Schuman en Beliefnet ., o feminismo, a psicoloxía analítica, a medicina e o persoal.
Traxectoria É diplomada polo American Board of Psychiatry and Neurology. Foi profesora de psiquiatría clínica na Universidade de California en San Francisco. Foi membro da xunta da Ms. Foundation for Women e da International Transpersonal Association, e é membro distinguido da American Psychiatric Association.
Co seu por entón marido James Bolen fundou a revista Psychic en 1969 (renomeada New Realities en 1977), sobre parapsicoloxía e espiritualidade de corpo e mente.New Realities. Occultism & Parapsychology Encyclopedia .
Apareceu nos documentaisWomen — for America, for the World (1986, Oscar ao mellor documental), e Goddess Remembered (National Film Board of Canada, 1989).
Ken Wilbur, no seu libro Sex, Ecology, and Spirituality, expresa a súa admiración polos libros de Bolen Goddesses in Everywoman e Gods in Everyman.
Recibiu o Pioneers in Art, Science, and the Soul of Healing Award do Institute for Health and Healings.
Obra The Tao of Psychology: Synchronicity and the Self (1979) Goddesses in Everywoman: A New Psychology of Women (1984] Gods in Everyman: A New Psychology of Men's Lives and Loves (1989) The Ring of Power: Symbols and Themes in Wagner's Ring Cycle and in Us (1992) Crossing to Avalon: A Woman's Midlife Pilgrimage (1994) Close to the Bone: Life-Threatening Illness and the Search for Meaning (1996) The Millionth Circle: How to Change Ourselves and the World (1999) Goddesses in Older Women: Archetypes in Women over Fifty (2001) Crones Don't Whine (2003) Urgent Message from Mother: Gather the Women, Save the World, (2005)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.jeanbolen.com/ Perfil na web do Omega Institute.
Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Psiquiatras dos Estados Unidos de América Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América