Shanghai Express é un filme estadounidense de 1932 dirixido por Josef von Sternberg con Marlene Dietrich, Clive Brook, Anna May Wong e Warner Oland como protagonistas. O guión foi escrito por Jules Furthman, baseado nunha historia de 1931 de Harry Hervey. Shanghai Express foi o cuarto de sete filmes realizados por von Sternberg con Dietrich como actriz principal.
Shanghai Express estreouse durante a Gran Depresión, e foi un éxito de audiencia, recadando uns 3,7 millóns de dólares só nos Estados Unidos, converténdose no maior éxito comercial das colaboracións entre Dietrich e von Sternberg, sendo o filme con maior recadación dese ano superando a Grand Hotel.
Shanghai Express tivo dous remakes, Night Plane from Chungking (1942) e Peking Express (1951).
Sinopse En 1931, a China vese envolta nunha guerra civil. Os amigos do capitán británico Donald "Doc" Harvey envídiano porque a fabulosa e célebre Shanghai Lily é unha compañeira de pasaxe no tren expreso de Pequín a Shanghai. Debido a que o nome non significa para el, cóntanlle que ela é unha cortesana. Durante a viaxe, Harvey atópase con Lily, que resulta ser Madeline, a súa antiga amante. Cinco anos antes, ela xogáralle unha mala pasada para avaliar o seu amor por ela, mais foi contraproducente e el abandonouna.
Elenco Marlene Dietrich como Shanghai Lily / Madeline Clive Brook como Captain Donald "Doc" Harvey Anna May Wong como Hui Fei Warner Oland como Henry Chang Lawrence Grant como Reverend Carmichael Eugene Pallette como Sam Salt Gustav von Seyffertitz como Eric Baum Louise Closser Hale como Mrs. Haggerty Émile Chautard como Major Lenard
Produción Aínda que o filme se rodou na China, houbo poucos actores chineses na produción.Leong 2005, pp. 181-182 A rodaxe durou de agosto a novembro de 1931 e estreouse en 1932.Landazuri, Margarita. "Shanghai Express". Turner películas clásicas. Consultado o 2 de xullo de 2015
Baseouse na historia de Henry Hervey "Sky Over China", tamén coñecida como "China Pass", que á súa vez estaba levemente baseada no incidente de Lincheng do 6 de maio de 1923 en que un señor da guerra de Shandong capturou o tren expreso de Shanghai a Pequín, tomando 25 occidentais e 300 chineses como reféns. Todos os pasaxeiros, entre os que estaba Lucy Aldrich, foron liberados.French 2006 Nozinski 1990 A historia inclúe tamén elementos do conto "Boule de Suif" de Guy de Maupassant en canto a que os viaxeiros son detidos nun país en guerra e unha muller é obrigada a deitarse co comandante ao cargo. Porén, modificouse o desenlace.
Os xefes da Paramount estaban preocupados porque a Oficina Hays vixiase de preto o filme por mor da representación do reverendo Carmichael e da revolución chinesa."Notas: 'Shanghai Express'". Turner películas clásicas. Consultado o 2 de xullo de 2015.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Leong, Karen J. The China Mystique: Pearl S. Buck, Anna May Wong, Mayling Soong, and the Transformation of American Orientalism. Berkeley, California: University of California Press, 2005. . Liu, Cynthia W. "When Dragon Ladies Die, Do They Come Back as Butterflies? Re-imagining Anna May Wong." Countervisions: Asian American Film Criticism. Hamamoto, Darrel e Sandra Liu, (editors). Philadelphia: Temple University Press, 2000, pp. 23–39. . Nozinski, Michael J. Outrage at Lincheng: China Enters the Twentieth Century. Centennial, Colorado: Glenbridge Publishing Ltd., 1990. .
Ligazóns externas Shanghai Express en Virtual History
Categoría:Filmes de 1932 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Josef von Sternberg Categoría:Filmes ambientados na China Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1931