Vortimer (galés: Gwerthefyr) é unha figura da tradición británica, un fillo do gobernante britano do século V Vortigern. É lembrado pola súa fera oposición cara aos aliados saxóns do seu pai. Na Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, derroca ao seu pai e goberna como un dos reis de Britania durante un breve período de tempo antes de que a súa morte devolva a Vortigern ao poder. Rexistros Vortimer aparece por primeira vez na obra do século IX coñecida como a Historia Brittonum. Segundo a Historia, Vortigern permite aos saxóns baixo Hengest e Horsa asentárense na illa de Thanet, e ofrécelles provisións a cambio dos seus servizos como mercenariosHistoria Brittonum, ch. 31; 36.. Vortigern pronto se mostra como un "rei ignorante", e o astuto Hengest manipúlao para que ceda máis terras e permita a máis colonos vir de AlemañaHistoria Brittonum, ch. 36–38.. Tras un terríbel período de invasión saxoa, exacerbado por un comportamento incluso máis vergoñento por parte de Vortigern, Vortimer levántase finalmente contra os saxóns. El fainos retroceder até Thanet, e enfróntaos en catro batallas. Na terceira batalla Horsa e o irmán de Vortimer Catigern morren; na cuarta faise retroceder aos saxóns até o marHistoria Brittonum, ch. 43–44.. Pouco despois, con todo, morre Vortimer. Pide aos seus seguidores que o enterren no lugar onde os saxóns desembarcaron en Britania por primeira vez como un tótem para evitar futuras invasións. Con todo, os seus seguidores non fixeron caso á súa advertencia e os saxóns retornaronHistoria Brittonum, ch. 44..

Tres dos lugares das batallas de Vortimer teñen nome, e parecen ter correlación coas batallas de Kent que aparecen na Crónica anglosaxoa. A Crónica non cita a Vortimer, e de feito recoñece a Vortigern como o líder britano nunha das batallas.

O material lendario na Historia Britonum foi lixeiramente expandido tras a Historia regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, un reconto ficticio dos gobernantes de Britania. Aquí os britanos abandonan a Vortigern e alzan a Vortimer como rei de Britania. Despois de expulsar aos saxóns, Vortimer é envelenado pola súa madrasta Rowena (unha saxoa) e Vortigern recupera a coroa. Segundo a tradición, é pai de Materiana.

Notas

Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Historia de Inglaterra