Francisco Alberto Caamaño Deñó, nado en Santo Domingo o 11 de xuño de 1932 e finado na Cordilleira Central o 16 de febreiro de 1973, foi un militar e heroe dominicano que ocupou a presidencia constitucional da República Dominicana durante a guerra de abril de 1965.

Traxectoria Foi un dos líderes do movemento para restaurar o presidente democraticamente electo, Juan Bosch, que fora derrocado por un golpe militar patrocinado pola CIA en setembro de 1963. Esta facción de adeptos pasou a ser conñecida como Constitucionalistas, polo seu desexo de retornar a unha forma lexítima e constitucional de goberno, en oposición á xunta militar que estaba no poder.

Como os Constitucionalistas tomaron con éxito Santo Domingo de Guzmán ó longo dos primeiros días do levantamento, o presidente estadounidense Lyndon Johnson ordenou a invasión polo Exército dos Estados Unidos, apelidada como Operación Power Pack, co pretexto de que a vida dos cidadáns estadounidenses precisaba ser protexida. Un factor, que estaba sen dúbida máis envolto na decisión, foi o temor de que os Constitucionalistas conducirían a un réxime comunista no país, e ese risco de "outra Cuba" era algo que non sería permitido.

Durante este período, Caamaño foi de facto e de jure, o presidente da República Dominicana. Despois dalgúns meses de combates dos Constucionalistas, que estaban en menor número e desarmados polas forxas estranxeiras, Caamaño e os seus homes consentiron un acordo de reconciliación e así rematou o goberno Consitucionalista.

Enfrontando ameazas e ataques continuos durante os meses seguintes, Camaaño aceptou un acordo imposto polo goberno dos Estados Unidos. O presidente provisional dominicano, Héctor García Godoy, enviou o coronel Caamaño como adido militar da embaixada dominicana para o Reino Unido. Mentres estivo aló, foi contactado polas autoridades cubanas e fuxiu para Cuba para iniciar un grupo guerrilleiro.

Durante o inverno de 1973, após varios anos permanecendo low-profile, Caamaño conduciu o desembarque dun pequeno grupo de rebeldes en Playa Caracoles, próximo de Azua e despois para as montañas da Cordilleira Central, co obxectivo de iniciar unha revolución campesiña para derrubar o presidente dominicano Joaquín Balaguer. O goberno de Balaguer era represivo e altamente centralizador nese período, lembrando moito o réxime de Rafael Trujillo no cal Balaguer fora un dos presidentes fantoches do ditador e asesores achegados." ¡Necesitamos una nueva restauración!." Dominicano Libre agosto / setembro de 2006. Despois dalgunhas semanas de guerra de guerrilla contra o exército regular de Balaguer e após non ter recibido o apoio campesiño, Caamaño foi ferido e capturado polas forzas do goberno dominicano, e despois sumariamente executado.

Notas

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 1973 Categoría:Políticos da República Dominicana Categoría:Dominicanos de ascendencia vasca Categoría:Dominicanos de ascendencia galega Categoría:Dominicanos de ascendencia canaria Categoría:Dominicanos de ascendencia cubana Categoría:Dominicanos de ascendencia francesa